Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.003 novas da C. de Cultura, Lingua e Xuventude:

04/12/2025 | 15:10 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Rede Galega de Teatros e Auditorios contribúe con cinco espectáculos á nova temporada escénica do Teatro Principal de Santiago

O director de Industrias Culturais intervén na presentación da próxima programación semestral de Compostela Cultura, na que se inclúen nove funcións de ‘Reconversión’, ‘BenQuerer’, ‘O dragón de ouro’, ‘A historia vaxenial’ e ‘Artur Ui. O ovo da serpe’

03/12/2025 | 20:01 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos celebra o liderado de Galicia en proxectos artísticos internacionais coa mostra conxunta de Kounellis no Es Baluard Museu de Palma

A Xunta destina preto de 50.000€ a esta revisión do legado do máximo expoñente da ‘Arte Povera’, que poderá verse nas respectivas capitais mallorquina e galega

03/12/2025 | 19:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Fundación Manuel Moldes amosa as ilustracións ‘Bicos de cine’ do pintor pontevedrés que conserva a Filmoteca de Galicia

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, interveu na inauguración da exposición que poderá verse en Pontevedra ata marzo de 2026

03/12/2025 | 16:02 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta iniciará nos vindeiros días os traballos de limpeza do Castelo de Corbeiroa

A actuación arqueolóxica contempla a eliminación da vexetación que medra na estrutura e na súa contorna inmediata

03/12/2025 | 12:58 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Andrés Rivas Rodís acada a primeira residencia de arte e ciencia impulsada pola Xunta e a USC

O artista compostelán desenvolverá o proxecto ‘Outro e sobre si’ para explorar o concepto da superposición cuántica desde a perspectiva das artes visuais

03/12/2025 | 12:39 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

O Centro Dramático Galego presenta no Salón Teatro ‘Berenguela na gaiola’ en coprodución con Galeatro, Xarope Tulú, FIOT e Fundación Manuel María

O espectáculo para público familiar, recoñecido co Premio Manuel María de Proxectos Teatrais 2024, estará no escenario da compañía da Xunta de Galicia os días 5, 6 e 7 de decembro ás 18,00 horas

02/12/2025 | 18:38 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

A Xunta convida a gozar do Nadal no Gaiás cunha instalación luminosa de estruturas inchables, teatro, contacontos ou realidade virtual

O Hall de Tirantes do Museo Centro Gaiás transfórmase desde hoxe nunha paisaxe branca e dourada, con grandes estruturas inchables como esferas luminosas e corredores translúcidos parcialmente transitables no seu interior

02/12/2025 | 16:03 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

López Campos destaca o traballo de Xavier Vilató “para que a cultura galega se siga enriquecendo desde outras olladas”

A mostra acolle pinturas, esculturas, cerámicas e gravados do artista desde 1977 ata hoxe a través do prisma da natureza

02/12/2025 | 15:32 | C. de Cultura, Lingua e Xuventude

Belén do Campo visita o xacemento do Castro da Croa en Pobra do Caramiñal para supervisar as obras de conservación impulsadas co apoio da Xunta

A delegada da Xunta destacou que o Goberno autonómico está investindo 18.000 euros nuns traballos que comezaron o pasado luns 1 de decembro