Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.251 novas da C. de Economía e Industria:

07/11/2025 | 16:35 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta por converter a minería galega nun aliado estratéxico na modernización das principais cadeas de valor industriais

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, Pablo Fernández Vila, participou no V Congreso Internacional de Xeoloxía Profesional celebrado en Zaragoza, onde puxo en valor os esforzos que está a facer o sector en Galicia para impulsar a innovación, a sustentabilidade e a diversidade

07/11/2025 | 13:17 | C. de Economía e Industria

Lorenzana afirma que a tecnoloxía e a innovación son clave para que as empresas sexan competitivas

Asegura que a intelixencia artificial nunca vai substituír a intelixencia humana e “sempre será preciso delimitar onde é necesaria a persoa e onde é necesaria a máquina”

06/11/2025 | 15:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Estado que cumpra o seu compromiso con Galicia para instalar a plataforma experimental de eólica mariña en Punta Langosteira

O director xeral de Planificación Enerxética e Minas, lembra que o Goberno central declarou a iniciativa como “fundamental” e lle concedeu unha achega de 20 millóns de euros para anunciar, a posteriori, que a zona experimental non se podería executar por ser un área de importancia para as aves

06/11/2025 | 12:56 | C. de Economía e Industria

Lorenzana lembra que ata o 10 de decembro aínda se poden solicitar as novas axudas da Xunta para servizos de ciberseguridade en empresas

Estes apoios son de concesión directa, para todo tipo de empresas e financian ata o 75 % do custo dos servizos contratados cun tope máximo de 30.000 euros

04/11/2025 | 15:42 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria

Rueda aposta por seguir tendendo pontes con Castela e León para impulsar a economía e as infraestruturas

Sinala que a vivenda é un “problema de primeiro orde” fronte ao que hai que “ser prácticos e facer vivendas” e lembra que a Xunta traballa para duplicar os inmobles públicos nesta lexislatura ata chegar ás 8.000

04/11/2025 | 15:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama ao Goberno a retirada do recurso de inconstitucionalidade contra as medidas de repotenciación de Galicia

Cualifica de “fraude aos galegos” o novo decreto aprobado hoxe polo Consello de Ministros que regula as repotenciacións de parques eólicos en España

04/11/2025 | 13:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta lembra que o prazo para solicitar as axudas para proxectos de enerxía solar fotovoltaica no sector residencial está aberto ata decembro

A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, e o director do Inega, Pablo Fernández Vila, deron conta desta orde de axudas durante a visita a un veciño de Neda, beneficiario da pasada convocatoria