Actualidad

Buscador de noticias

Tiene disponibles para la consulta 2.251 noticias de la C. de Economía e Industria:

27/01/2025 | 22:25 | C. de Economía e Industria

Lorenzana reitera o compromiso da Xunta cos traballadores de Alcoa e reclama a convocatoria urxente da mesa de seguimento

Insiste en que dispoñer dunha tarifa fixa e axustada ás necesidades das grandes consumidoras de enerxía é clave para a viabilidade do sector e de empresas como a de San Cibrao

27/01/2025 | 14:05 | C. de Economía e Industria

Manuel Pardo lembra que ven de abrirse o prazo dunha nova convocatoria da orde de axudas da Xunta para promover o aforro e a eficiencia enerxética nas empresas galegas dotada con 7,5 M€

O delegado territorial resaltou que coa convocatoria prevese a mobilización de 30 millóns de euros, aforros de 5 millóns de litros ao ano de combustible diésel, unha redución de emisións equivalente a plantar 825.000 árbores e a creación de máis de 100 postos de traballo directos

25/01/2025 | 13:29 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca o apoio da Xunta para reducir a factura eléctrica dos negocios e empresas do sector servizos

A conselleira explica que foi beneficiaria do Bono Enerxía Peme o ano pasado e que “é un exemplo da implicación das nosas pemes co aforro enerxético e a sustentabilidade”

24/01/2025 | 18:34 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que Galicia quere ser un modelo a seguir no despregamento das enerxías renovables en España

Destaca que o potencial de Galicia para liderar a transición enerxética demóstrano os datos, ao ser a terceira comunidade autónoma en España coa cota de xeración renovable máis alta (17.987 GWh producidos en 2023); e tamén o feito de contar un modelo propio sustentado na Lei de recursos naturais

23/01/2025 | 17:22 | C. de Economía e Industria

Lorenzana destaca que a nova liña de acceso ao crédito para autónomos e pemes facilitará o acceso ao financiamento a máis de mil empresas

A Xunta incrementa o orzamento da convocatoria do presente ano 2025 ata os 19 millóns de euros que poderían poñer en circulación ao redor de 150M€

22/01/2025 | 19:17 | C. de Economía e Industria

A Xunta considera unha “excelente noticia” que Stellantis adxudique á planta de Vigo a nova plataforma para coches eléctricos

“Recibimos en Galicia unha boa noticia para a industria da automoción”, di a conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, quen lembrou que se trata da planta de vehículos máis produtiva de España

20/01/2025 | 15:08 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Economía e Industria

A Xunta informa a AJE Lugo de 21 liñas de axudas xa convocadas que suman 215 M€ para apoiar a actividade de pemes e autónomos

O delegado territorial, Javier Arias, explica que a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración unificou cinco liñas específicas para autónomos coa finalidade de axilizar a tramitación e avanzar na simplificación administrativa

20/01/2025 | 15:02 | A Presidencia da Xunta; C. de Economía e Industria

Rueda anuncia que a Xunta inicia a tramitación do novo Plan sectorial eólico e poñerá en marcha dúas mesas de traballo cos axentes sociais e co sector

Salienta que se busca “actualizar” a actual folla de ruta, “elaborada hai máis de 20 anos” e que a previsión é ter un borrador “no segundo semestre”deste 2025

20/01/2025 | 13:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta outorga a condición de auga termal para uso lúdico ao manancial dos Baños de San Xusto, en Cerdedo-Cotobade

Esta declaración é un requisito indispensable para que o Concello poida solicitar a condición de instalación de aproveitamento lúdico para este espazo