Actualidade
Buscador de novas
Ana Ortiz visita as parcelas de Navia nas que a Xunta construirá outras 75 vivendas de promoción pública
A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou que xa están en marcha 835 vivendas públicas en distintas fases de execución, incluíndose os 80 aloxamentos compartidos para menores de 36 anos
A Xunta somete a información pública o proxecto de acondicionamento da estrada AC-406 nos concellos de Val do Dubra e da Baña, cun investimento de 4,4 M€
O obxectivo é mellorar o trazado do tramo entre os puntos quilométricos 18+477 e 21+925 desta estrada autonómica co fin de reforzar a seguridade viaria, e habilitando un carril adicional de máis de 1 quilómetro de lonxitude de adiantamento
Agustín Reguera visita un edificio de Pontevedra que instalou un elevador grazas a unha axuda de 135.000 € da Xunta
O delegado territorial destacou o compromiso da Xunta coa creación de novas vivendas públicas e co fomento da modernización e mantemento das xa existentes
A conselleira M. Allegue anima a promotores e cooperativistas a presentar as súas ofertas para o concurso de parcelas de Ferrol e de Vigo
M. Allegue participou nun encontro que reuniu en Santiago, na sede do Instituto Galego da Vivenda e Solo, a unha trintena de promotores e cooperativistas galegos
Manuel Pardo supervisa o inicio das obras de mellora do firme na estrada OU-533, ao paso polo concello de Petín
O delegado territorial detallou que esta actuación na vía autonómica forma parte do contrato de acondicionamento da capa de rodaxe nun total de 6 estradas no seu percorrido por 7 concellos da provincia de Ourense, cun investimento da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas de máis de 3M€.
A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia as porcentaxes mínimas de reserva de solo para vivenda protexida en concellos de máis de 5.000 habitantes
As porcentaxes fíxanse en función da demanda real contrastada a través do rexistro de demandantes e non poderá ser inferior á media da comunidade, establecida este ano no 8.10%
A Xunta recibe 12 ofertas para a redacción do proxecto para construír 55 vivendas de promoción pública en Navia, no concello de Vigo
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas ten licitado, a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia, a redacción do proxecto e dirección de obra para a construción destas vivendas por un orzamento autonómico de 440.000 euros
María M. Allegue denuncia o “boicot permanente” do Goberno central contra os intereses dos galegos en relación á autoestrada estatal AP-9
Allegue criticou que as subas de tarifas na AP-9 son desproporcionadas, maiores que no resto das autoestradas estatais