Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.317 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

23/07/2026 | 13:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 7 ofertas para a redacción do proxecto construtivo da variante leste de Viveiro

Os traballos foron licitados por máis de 391.000€ e o prazo máximo de execución da redacción deste proxecto construtivo é de 5 meses

22/07/2026 | 13:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras de acondicionamento da estrada LU-710 ao paso por Baralla, nas que investiu un orzamento de máis de 3 M€

Actuouse no treito inicial da estrada, de 4,5 quilómetros, coa ampliación da plataforma, a intervención sobre o sistema de drenaxe, a renovación do firme, a execución de novos muros de contención e nova sinalización

21/07/2026 | 14:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Rolda Leste de Ourense vai acurtar tempos, aliviar tráfico na cidade e facilitar os desprazamentos na zona

Anuncia que as empresas terán ata setembro para presentar ofertas, e que o obxectivo é adxudicar a obra antes de que remate este ano

21/07/2026 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo entrega as chaves de catro viviendas de promoción pública na cidade da Coruña

A delegada lembrou que a Xunta xa está a traballar para acadar o obxectivo de duplicar o parque público residencial ata chegar ás 8.000 vivendas nesta lexislatura

21/07/2026 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/07/2026 | 18:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de San Xoán de Río o convenio para humanizar a praza Pedro Fernández

A actuación, que suporá un investimento de máis de 172.000 €, permitirá revitalizar a praza e homoxeneizar o núcleo de San Xoán de Río a través da conexión física e visual dos puntos estratéxicos do municipio, dotando aos veciños dun espazo de calidade

20/07/2026 | 14:10 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas