Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.321 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

04/02/2026 | 15:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega unha vivenda en alugueiro no barrio de Ferrol vello tras a recuperación dun inmoble, ao abeiro do Plan Rexurbe

Allegue salientou que se trata da primeira entrega de chaves de vivendas rehabilitadas nesta lexislatura na cidade departamental

03/02/2026 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A conselleira Allegue avanza que a Xunta entregará este verán as primeiras 24 vivendas públicas en Lamas de Abade, en Santiago

Allegue salientou que a este edificio se suman outro en Lamas de Abade e un máis no Castiñeiriño, cuxas obras están próximas á finalización, acadando un total de 60 novas vivendas  públicas

03/02/2026 | 12:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue agarda asinar a vindeira semana co Concello de Vigo e Zona Franca o convenio para desenvolver o ámbito PS1 da ETEA, no que a Xunta investirá 10,5 M€

A conselleira lembrou que a Xunta cumpriu todos os seus compromisos sobre a ETEA e ten aprobado desde maio do pasado 2025 o convenio que fora consensuado no 2024 con Concello e Zona Franca

02/02/2026 | 15:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 11 ofertas para executar o último treito da autovía entre Lugo e Sarria, cun investimento de 37,7 M€

Trátase de actuar nun treito de 13,5 quilómetros, que se inicia na glorieta de Nadela e finaliza no enlace da Pobra de San Xiao, xa en servizo

02/02/2026 | 13:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo pon en valor a aposta da Xunta por revitalizar os concellos rurais a través das axudas destinadas á rehabilitación de vivendas

O delegado territorial informou á alcaldesa desta localidade que a Xunta ten aberto o prazo dunha nova convocatoria dirixida aos concellos con menos de 30.000 habitantes para a rehabilitación de edificacións e vivendas de titularidade municipal con destino ao alugueiro social, dotada con máis de 2,1M€

01/02/2026 | 11:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe sete ofertas para executar as obras de mellora do acceso a Setados, nas Neves, ás que se destinará un investimento de 500.000 euros

A través desta intervención, mellorarase a calzada e crearase un carril central para facilitar os xiros

01/02/2026 | 10:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 6 ofertas para executar a mellora do firme en 3 estradas ao paso por Agolada e A Estrada, cun investimento de máis de 3,6M€

A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas prevé adxudicar e iniciar as obras no primeiro semestre do 2026

31/01/2026 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu en 2025 axudas a 377 mozos e mozas en 132 concellos para adquirir unha vivenda, mobilizando un investimento de 2,9 M€

Allegue subliñou que estas subvencións, de ata 10.800€, están dirixidas a menores de 36 anos e teñen como obxectivo axudar á mocidade a poder mercar unha vivenda en localidades de menos de 10.000 habitantes, contribuíndo a asentar poboación