Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.321 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

28/01/2026 | 17:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue subliña que as vivendas ofertadas en Vigo pola entidade estatal Casa 47 teñen alugueiros 1,4 puntos por riba da vivenda libre e case 7 máis que as promovidas pola Xunta

Detallou que o alugueiro destas vivendas é de 8,8€/m2, fronte aos 7,4 do importe medio en Vigo, ou a franxa entre 1,2 e 2€/m2 das vivendas públicas da Xunta

28/01/2026 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta concedeu no 2025 axudas a dúas cooperativas por un total dun millón de euros para a construción de 108 vivendas protexidas en Oleiros

A Administración autonómica concedeu unha achega de 160.000€ para a construción das 16 vivendas protexidas, cuxas obras en execución visitou a conselleira

27/01/2026 | 18:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
27/01/2026 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 17 ofertas para a redacción do proxecto de 21 vivendas públicas en Bueu

A Sociedade de Vivenda Pública de Galicia (Vipugal) promoverá estas vivendas, que suporán un investimento aproximado de 4M€, e construiranse en tres parcelas que o Concello cedeu nas Lagoas

27/01/2026 | 12:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a construción de 16 vivendas públicas en Vigo, que suporán un investimento de 4,3 M€ e nas que se empregarán técnicas industrializadas

Allegue subliñou que as técnicas industrializadas son clave para mellorar os prazos, a eficiencia ou a calidade construtiva

26/01/2026 | 15:45 | A Presidencia da Xunta; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Rueda anuncia que a Xunta compromete preto de 2.000 M€ en vivenda ata 2030, o que permitirá ampliar o parque público residencial a 10.000 inmobles

Destaca que o Consello aprobou o II Pacto de vivenda de Galicia, que favorecerá un impacto laboral de arredor de 60.000 postos de traballo

25/01/2026 | 13:08 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe oito ofertas para executar as obras de conexión dun viario de concentración parcelaria coas estradas PO-531 e PO-301 en Vilanova de Arousa

Esta actuación suporá un investimento de máis de 900.00 euros e o obxectivo e desenvolver as obras ao longo deste mesmo ano

25/01/2026 | 11:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe oito ofertas para executar as obras da nova senda peonil e ciclista na estrada AC-552, entre Arteixo e Lañas, licitada por 865.000 euros

As obras, cun prazo de 6 meses, teñen como obxectivo a construción dunha senda peonil e ciclista de algo máis de 1 quilómetro de lonxitude ao longo desta vía autonómica

24/01/2026 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe catro ofertas para executar as obras de mellora da estrada OU-540, entre Celanova e Bande, ao paso por Verea, que suporán un investimento de 6 M€

Os traballos, cun prazo de execución de 18 meses, consistirán no acondicionamento dun tramo ao longo de 14 quilómetros, onde se ampliará a plataforma da vía, se habilitarán terceiros carrís, se rectificarán curvas ou mellorará o firme

24/01/2026 | 13:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue presenta en Moraña a próxima senda da Xunta na PO-221 no municipio, que terá un investimento de preto de 380.000€

O proxecto de trazado deste itinerario peonil e ciclista de algo máis de medio quilómetro entre os núcleos de Alende e A Espedregueira está a exposición pública ata o 4 de marzo