Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para construír 30 vivendas públicas na rúa Pedro Fernández da Coruña
As vivendas construiranse en dúas parcelas desta rúa e súmanse as 58 proxectadas nos Rosais e 11 en Rei Abdullah, preto da praza Porticada, todas en terreos cedidos polo Concello da Coruña
Xunta e concello colaboran na mellora de espazos públicos de Muíños, cuxo investimento ascende a máis de 630.000 €
As actuacións de mellora de espazos abordaranse no lugar de Muíños, na parroquia de San Pedro de Muíños, na contorna de elementos do patrimonio cultural e natural, como a Reserva da Biosfera transfronteiriza Xurés-Gerés
A Xunta colabora co concello de San Cristovo de Cea na humanización de varias rúas da localidade, que conta cun investimento conxunto de preto de 700.000 €
Acondicionaranse as rúas situadas na parte máis antiga da vila, renovando o pavimento, instalando unha nova rede de saneamento e soterrando o tendido de cable aéreo das instalacións de electricidade, telecomunicacións e alumeado público
A Xunta recibe 14 ofertas para a execución da urbanización para unha área de servizo e sendos aparcadoiros para vehículos e camións na AG-53, en Maside
O contrato, licitado por un investimento que supera os 3,6 M€ ten como obxectivo a dotación dunha área de servizo na AG-53, no quilómetro 80+465, con acceso directo en sentido Santiago e conexión mediante un paso a distinto nivel en sentido Ourense
A Xunta inviste máis de 3,5 M€ no reforzo do firme de cinco estradas autonómicas en Ferrolterra
A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, supervisou esta mañá os traballos que se están a desenvolver na estrada AC-862, ao seu paso polo termo municipal de Ortigueira
A Xunta ten en marcha máis de 2.800 vivendas en diferentes fases de execución, cun investimento de máis de 220 M€
Dos novos fogares, 2.689 son de nova construción, 115 rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e 82 adquiridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo
Rueda resalta que a Xunta destina máis de 5 M€ á habilitar unha senda peonil e ciclista continua entre Vigo e Nigrán
Vanse realizar melloras nun treito de 13 quilómetros, en paralelo a estrada PO-325
A Xunta destina preto de 50.000 euros a novas obras para seguir mellorando a eficiencia enerxética do CEIP da Pontenova
O delegado territorial visitou hoxe o centro para comprobar o avance dos traballos, que se prevén rematar a próxima semana
A Xunta inviste 495.000 euros na reparación da estrada PO-331 en Gondomar
A delegada territorial da Xunta, Ana Ortiz, visitou este luns os traballos que leva a cabo a Axencia Galega de Infraestruturas
A Xunta celebrará mañá o sorteo para a adxudicación de 1 vivenda en alugueiro accesible en Vilalba
O sorteo público celebrarase entre os demandantes inscritos no Rexistro de Demandantes de Vivenda de Galicia para o concello de Vilalba como concello preferente