Actualidade
Buscador de novas
A Xunta recibe nos 2 primeiros días do prazo 15 solicitudes de concellos para obras de rehabilitación ao abeiro do Fondo de Cooperación, esgotando o crédito de 3 M€
O obxectivo do fondo é financiar obras de rehabilitación en municipios de menos de 50.000 habitantes a través de préstamos sen xuros que os concellos poden devolver en 8 anos
Allegue avanza a licitación por preto de 3,3 M€ da construción de 17 vivendas públicas en Lalín con financiación exclusiva de fondos da Xunta en solo cedido polo concello
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publicará este mesmo luns 13 a licitación da obra, á que as empresas interesadas poderán presentar ofertas ata o 25 de maio
A Xunta licita por máis de 3,5 M€ a renovación do firme en 10 estradas autonómicas ao seu paso por sete concellos da provincia da Coruña
Trátase de actuar nas estradas VG-1.3, AC-161, AC-162, AC-163, AC-164, AC-173, AC-183, AC-230, AC-408 E AC-409, ao seu paso polos concellos de Bergondo, Betanzos, Oleiros, Sada, Ordes, Cerceda e Oza-Cesuras
A Xunta licita a construción de 26 vivendas públicas nas Galanas, en Teo, que suporán un investimento autonómico de case 5 M€
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta intervención e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 20 de maio
A Xunta ten aberto o prazo para que os concellos soliciten os fondos de cooperación dirixidos á rehabilitación do seu patrimonio construído e de promoción de nova vivenda protexida
Manuel Pardo explicou que a actuación levada a cabo na rúa Castor Elices en Celanova, foi financiada a través dun préstamo de 464.000 euros da Xunta, co obxectivo de optimizar a accesibilidade e na mellora e ampliación das beirarrúas renovando todas as instalacións, así como na organización do tráfico
A Xunta convoca as liñas de axudas de adquisición de vivenda en centros históricos e vivenda protexida, ás que destina un orzamento de 2 M€
A conselleira destaca en Pontevedra que estas liñas de axudas, financiadas exclusivamente con fondos propios da comunidade autónoma, ofrecen achegas de ata 15.000€ no caso das de centros históricos e de ata 20.000€ para vivenda protexida
A Xunta iniciará o 24 de abril a construción do novo instituto de Vigo tras obter todas as licenzas e permisos necesarios
Logo de superar demoras administrativas alleas ao Goberno galego, que solicitou a licenza municipal en decembro de 2024, darase comezo aos traballos
Allegue entrega unha nova vivenda de protección autonómica rehabilitada polo Consorcio Casco Vello de Vigo
Allegue destacou a recuperación urbana e revitalización do casco vello, “que estamos a encher de vida” a través das rehabilitacións do Consorcio
A Xunta adxudica por máis de 1,8 M€ as obras de renovación do firme en cinco estradas autonómicas ao seu por oito concellos das comarcas de Caldas, O Salnés e Pontevedra
Tratase de mellorar as características funcionais e a seguridade viaria nas vías: PO-548, VG-4.2, PO-224, PO-305, PO-316 e PO-223, ao seu paso polos concellos de Caldas de Reis, Cambados, O Grove, Pontecesures, Pontevedra, Ribadumia, Valga e Vilagarcía de Arousa
A Xunta adxudica por máis de 2,6 M€ as obras de acondicionamento do viaduto da autovía Dozón-Ourense (AG-53) sobre o río Barbantiño
Trátase de levar a cabo distintos traballos de reparación e conservación no interior do taboleiro e na cara exterior da lousa superior deste viaduto, na zona