Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.317 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

26/03/2026 | 12:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de 50 novas vivendas públicas en San Paio de Navia, en Vigo, que suporán un investimento autonómico de máis de 10,7 M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle hoxe esta licitación e as empresas poderán presentar as súas ofertas ata o vindeiro 11 de maio

25/03/2026 | 19:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta conclúe as obras de posta en valor da ponte medieval de Ponte Sampaio, que une Pontevedra e Soutomaior, tras o investimento de preto de 500.000 euros

A Xunta cumpre os obxectivos de garantir a conservación desta ponte ao tempo que realza a súa estética, mellora a seguridade viaria, e contribúe a reforzar o atractivo da contorna coincidente coa traza do Camiño Portugués

25/03/2026 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/03/2026 | 15:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Allegue denuncia que a demora do Plan Estatal de Vivenda bloquea a mobilización de 80 M€ en Galicia

Advirte que o atraso acumulado polo Goberno do Estado na aprobación do Plan adiará ao menos ata o segundo semestre de 2026, no escenario máis optimista, a convocatoria de axudas ao alugueiro da mocidade, rehabilitación, eficiencia enerxética, ou accesibilidade

25/03/2026 | 12:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca os fondos de cooperación por 11,7 M€ para axudar aos concellos na rehabilitación do patrimonio construído e promoción de nova vivenda protexida

O Goberno galego destina 8,6 M€ ao fondo de cooperación cos concellos para o financiamento da promoción de vivenda protexida de nova construción, que se convoca por segundo ano

24/03/2026 | 15:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste 10,4 M€ para actuacións de reforzo de firme en estradas autonómicas ao paso por 24 concellos da provincia da Coruña

Allegue subliña a aposta do Goberno galego en materia de seguridade viaria “cunha folla de ruta clara en planificación, conservación e reforzos de firme, que executamos cos correspondentes orzamentos”

24/03/2026 | 14:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Avanzan a bo ritmo os traballos de recuperación do espazo peonil da contorna da igrexa de Santa María de Sacos nos que a Xunta inviste 300.000 euros

O delegado territorial visitou as obras e destacou a importancia de crear espazos públicos agradables nos núcleos rurais

24/03/2026 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá unha nova senda peonil de 1,5 quilómetros en Nantón, en Cabana de Bergantiños, que suporá un investimento de 420.000 €

Allegue explicou que tras a publicación hoxe no Diario Oficial de Galicia da aprobación definitiva do proxecto construtivo, axilizaranse os trámites para licitar as obras no vindeiro mes de abril

24/03/2026 | 10:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Arias urxe ao Concello de Lugo a asinar “sen máis escusas nin demoras” o convenio de Serra de Meira

Lembra que a Xunta leva máis de dous meses agardando por este trámite imprescindible para avanzar na mellora desta vía municipal, que financiará integramente con 1,1 millóns de euros