Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.318 novas da C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas:

10/03/2026 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina co concello de Teo o convenio de cesión dunha parcela municipal na Ramallosa para construír 37 vivendas públicas, cun investimento estimado de 8,8M€

A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia publica a licitación da redacción do proxecto, dirección e obras e a presentación de ofertas rematará o 12 de maio

10/03/2026 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta construirá arredor de 40 vivendas públicas para menores de 36 anos no concello de Sanxenxo, tras acordar a cesión da parcela da rúa das Cunchas

A parcela, próxima á praia de Silgar é un solo dotacional no que, grazas á modificación normativa aprobada pola Xunta, poderase construír vivenda pública

10/03/2026 | 11:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe no primeiro día 73 solicitudes para o programa de axudas Fogar Vivo, destinado a mobilizar vivendas baleiras e destinalas a alugueiro accesible

Nesta convocatoria, cuxo prazo abriu onte e finalizará o 3 de xuño, a Xunta triplicou o orzamento, chegando aos 2,8M€

09/03/2026 | 19:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo confirma aos veciños de Vistahermosa o comezo das obras de renovación integral da OU-413, subida ao Seminario

O delegado territorial destacou que esta intervención implicará a mellora completa deste treito de medio quilómetro, que inclúe a reordenación do espazo, a mellora da mobilidade peonil mediante novos tramos de beirarrúa e novos pasos peonís, a renovación e ampliación dos distintos servizos municipais como o abastecemento, o saneamento e unha nova iluminación pública

09/03/2026 | 16:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/03/2026 | 14:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Manuel Pardo louva o programa ‘Fogar Vivo’ da Xunta para mobilizar vivendas baleiras da provincia de Ourense en réxime de alugueiro accesible

O delegado territorial destacou que na convocatoria anterior concedéronse 239 axudas por un importe de preto de 1,3M€ en  Galicia e máis de 184.000€ na provincia de Ourense

07/03/2026 | 11:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Belén do Campo fai entrega dunha vivenda pública vacante en alugueiro rehabilitada ao abeiro do programa Rexurbe

A delegada da Xunta reafirmou o compromiso do Goberno galego de duplicar o parque público de vivenda e lembrou que ás 3.000 vivendas que xa están en marcha en diferentes fases de execución sumaranse 1.000 máis en 2026, ata acadar as 4.000 vivendas comprometidas nesta lexislatura

07/03/2026 | 10:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
06/03/2026 | 17:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta investirá máis de 176.000 euros nunha nova senda peonil anexa á estrada PO-548, na parroquia de Cordeiro

O proxecto permitirá ampliar a vía de servizo ata os 6 metros e habilitar unha senda peonil accesible de máis de 2 metros de ancho