Actualidade
Buscador de novas
As obras de mantemento do viaduto da autoestrada Dozón-Ourense (AG-53) sobre a A-52 farán necesarias afeccións ao tráfico a partir do luns
Trátase de acometer traballos de renovación e mellora dos apoios do taboleiro sobre as pilas do viaduto, os cales requirirán o izado do taboleiro
A Xunta licita a construción e concesión dunha cafetería no ámbito PS5 dos terreos da antiga ETEA en Vigo
O orzamento para a construción da cafetería estímase en 405.891€, mentres que para a fase de explotación, o valor estimado ascende a 9,8M€
A Xunta adxudica provisionalmente as 20 vivendas de promoción pública que construé en San Eleuterio, en Mos
O sorteo celebrouse ante notario no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as vivendas adxudicáronse en réxime de alugueiro
A Xunta activa a oferta pública de adquisición de locais en Ourense para transformalos en vivendas públicas en alugueiro, cun investimento de 2 M€
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova medida para aumentar as vivendas públicas, ao converter locais en desuso en inmobles para uso residencial
A Xunta sortea mañá as 20 vivendas públicas que constrúe en San Eleuterio, no Concello de Mos
O acto terá lugar no Edificio Administrativo da Xunta en Vigo e as vivendas sortearanse en 4 lotes
Rueda destaca o investimento da Xunta de máis de 36 M€ na ampliación da autovía da Costa da Morte e a conxelación das súas peaxes para unha mobilidade máis cómoda e segura
Asegura que os 5,8 novos quilómetros de vía de alta capacidade libres de peaxes permitirán conectar mellor a zona e reducir os tempos das viaxes
O Consorcio Casco Vello pon en marcha a recuperación de catro parcelas na rúa Alta para crear un único edifico con cinco novas vivendas de protección autonómica
A delegada territorial da Xunta e presidenta do organismo autónomo, Ana Ortiz, salienta a nova promoción para dotar á cidade de vivenda
A Xunta licita por máis de 300.000 euros as obras da humanización e mellora do núcleo de Pazo, no concello de Crecente
A Plataforma de Contratos Públicos de Galicia recolle esta licitación, establecendo un prazo de presentación de ofertas que rematará o 26 de xaneiro
A Xunta recibe 3 ofertas para a redacción do proxecto para a construción de 14 vivendas de promoción pública en Arteixo
O importe da licitación ascende a máis de 120.000 €