Actualidade
Buscador de novas
A Xunta licita por 7,6 M€ as obras de 48 novas vivendas públicas en Valdecorvos e avanza no trámite ambiental do PIA para desenvolver solo residencial en San Mauro
Allegue avanzou que a Xunta tamén adxudicará antes de que remate o ano as obras para outro bloque de 56 novas vivendas
M. Allegue solicita ao Goberno central que desvele a dirección das vivendas protexidas que dí que entregou en Galicia e pide que deixe de vender fume
Allegue considera preocupante que o Goberno central frivolice presumindo de ter entregado 100.000 vivendas das 180.000 prometidas, multiplicando “as cifras como os pans e os peixes”, cando en Galicia a realidade é clara: “cero vivendas entregadas”
Rueda anuncia axudas para impulsar a rehabilitación de vivenda no rural e o incremento dos apoios a promotores para construír aloxamentos protexidos
Daranse apoios de ata o 75 % das obras de mellora en concellos de menos de 5.000 habitantes co obxectivo de asentar poboación no rural
A Xunta adxudica por 355.000 euros a redacción do proxecto do inmoble de aloxamentos compartidos e temporais para a mocidade en Vigo
O inmoble, que albergará 80 aloxamentos, é unha das medidas da Xunta para garantir que a mocidade poida comezar a súa vida adulta nun fogar digno, de calidade e a prezos accesibles ás súas posibilidades
A conselleira María M. Allegue pon en valor o traballo dos enxeñeiros a prol dunha Galicia máis vertebrada e reivindica o esforzo licitador da Xunta en obra pública
Allegue subliñou que os enxeñeiros de camiños son unha peza clave para materializar os proxectos da Xunta, que volve ser a administración con maior volume de licitacións en Galicia, con 343M€ mobilizados entre xaneiro e agosto
Rueda aposta por seguir tendendo pontes con Castela e León para impulsar a economía e as infraestruturas
Sinala que a vivenda é un “problema de primeiro orde” fronte ao que hai que “ser prácticos e facer vivendas” e lembra que a Xunta traballa para duplicar os inmobles públicos nesta lexislatura ata chegar ás 8.000
Agolada mellora a accesibilidade do seu auditorio municipal grazas a unha achega da Xunta de 48.000 euros
A obra foi posible grazas ás axudas para actuacións en materia de accesibilidade de competencia municipal
O Consorcio Casco Vello finaliza a rehabilitación da casa da rúa Hortas para entregar novas vivendas xa adxudicadas en concurso público a dúas familias
A delegada territorial da Xunta e presidenta do CCVV, Ana Ortiz, visitou este martes a obra do Casco Vello Alto que foi sorteada o pasado mes de outubro