Actualidade
Buscador de novas
A Xunta colabora co Concello de Pontedeume na humanización da Avenida de Ferrol
O Goberno galego financia esta intervención cun préstamo por algo máis de 600.000€ do Fondo de Cooperación, a través desta liña dirixida a municipios de menos de 50.000 habitantes
A Xunta inviste 4,2 M€ na actuación de ensanche e mellora da PO-230 ao paso polos concellos de Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro
A Administración autonómica somete ata o 3 de novembro a información pública o proxecto para o acondicionamento deste treito de 5,3 quilómetros, que transcorre polos núcleos de Praderrei e Parada, en Campo Lameiro, e Fentáns, en Cerdedo-Cotobade
A Xunta recibe 12 ofertas para a redacción do proxecto de construción de 73 vivendas de promoción pública en Carballo
O Goberno galego estima en 14M€ o investimento total que suporá a construción deste novo inmoble, que se sitúa nunha parcela cedida polo Concello
A Xunta convoca en outubro e en novembro os actos expropiatorios necesarios para executar novas sendas na estrada AC-433, en Laxe
O levantamento de actas previas terán lugar o vindeiro 24 de outubro e a formalización das actas de ocupación o 28 de novembro no salón de plenos do Concello de Laxe
O delegado territorial supervisa o estado das obras da nova senda peonil na estrada OU-212 en Beariz, nas que a Xunta inviste preto de 50.000 €
Manuel Pardo explicou que coa execución deste novo itinerario darase continuidade ás beirarrúas existentes e facilitarán a mobilidade peonil entre as vivendas de Busto e o núcleo de Lebozán
A Xunta concede axudas a cooperativas e promotores por importe de 3,8 M€ de fondos propios para a construción de preto de 400 novas vivendas protexidas
Na Coruña, nunha das parcelas de Someso están en marcha as obras por parte da cooperativa Terrazas de Ézaro para acadar 80 vivendas protexidas, cunha achega autonómica de 800.000€
A Xunta aproba inicialmente o Plan Básico Municipal do concello de San Amaro, que disporá dun instrumento eficaz de ordenación do territorio
A directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, informou hoxe deste trámite ao alcalde deste municipio, Fernando Rodríguez Redondo
A Xunta adxudica por 2 M€ as obras de reforzo do firme en tres estradas ao seu paso por oito concellos en Pontevedra
Acondicionarase o firme en varios treitos das estradas PO-402, PO-523 e PO-354 ao seu paso polos concellos da Guarda, As Neves, Mondariz, Oia, O Rosal, Pazos de Borbén, Ponteareas e Salvaterra de Miño