Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.058 novas da C. do Mar:

23/01/2025 | 20:03 | C. do Mar

Villares enxalza as dúas décadas de traxectoria da feira Expomar e a sitúa como referente no norte de España e Portugal

O responsable autonómico tamén puxo en valor a pegada, deste evento dedicado ao sector do mar, en Burela e no conxunto da Mariña lucense amosando os avances no ámbito da actividade pesqueira responsable e sostible

23/01/2025 | 17:38 | C. do Mar

Villares destaca o auxe da Mariña como destino náutico tras recibir máis de mil barcos en tránsito durante o pasado ano

Os portos autonómicos de Ribadeo e Viveiro rexistraron un incremento interanual do 18% nas embarcacións foráneas cun volume de negocio superior aos 800.000 euros

23/01/2025 | 14:56 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar

A Xunta e Anfaco-Cecopesca analizan vías de colaboración para reforzar a empregabilidade e a remuda xeracional no sector mar-alimentario

Na xuntanza, na que tamén participou a directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, abordáronse medidas impulsadas pola Xunta para aliñar a formación para o emprego en liña coas necesidades das empresas e clústeres sectoriais

22/01/2025 | 19:28 | C. do Mar

A Consellería do Mar ofrece a máxima colaboración ás confrarías da provincia da Coruña para a implementación das medidas recollidas no plan do percebe

Desde o departamento autonómico manifestaron que o Plan de Explotación Sostible para o trienio 2025-2027 posibilita medidas de flexibilización co obxectivo de facilitar o cumprimento da normativa en materia de control e trazabilidade

22/01/2025 | 18:56 | C. do Mar

Villares asina un convenio de colaboración coa Federación provincial de confrarías de pescadores de Pontevedra por valor de 125.000 €

O titular de Mar destaca o papel da entidade no ámbito asociativo dos profesionais  do mar na provincia e manifesta o compromiso da Xunta en seguir avanzando no diálogo co sector para o deseño e execución das políticas pesqueiras na comunidade

22/01/2025 | 15:23 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Bueu acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria

O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP

22/01/2025 | 14:34 | C. do Mar

Villares asina un convenio de colaboración co CETGA para o estudo da supervivencia da ameixa xapónica e do berberecho en episodios de baixa salinidade

O Goberno galego destina preto de 700 mil euros a este proxecto (Biorem) no que identificaranse as bacterias beneficiosa e prexudiciais, co fin de mellorar o estado sanitario do substrato no que se desenvolven

21/01/2025 | 20:05 | C. do Mar

Villares destaca que xa foron mobilizados 70 M€ en apoios autonómicos ao sector marisqueiro ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25

Este mes foron publicadas dúas ordes de axudas para a mellora da xestión e conservación dos bancos marisqueiros que ascenden a 2,2 M€

21/01/2025 | 12:13 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda reitera a necesidade de que o Goberno central transfira os medios e recursos para facer efectiva a lei do litoral de Galicia

Lamenta que non se teña rematado o traspaso de competencias un mes despois de chegar a un acordo co Executivo

20/01/2025 | 18:34 | C. do Mar

Villares asina un novo convenio de colaboración coa federación galega de redeiras ‘O Peirao’ para apoiar a súa actividade en favor destas profesionais

O conselleiro do Mar puxo en valor esta actividade no marco do sector pesqueiro galego e louvou o traballo desenvolvido por esta entidade na defensa, recoñecemento e mellora das súas condicións laborais