Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.903 novas da C. do Mar:

23/10/2025 | 18:08 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta pon en valor o éxito do concurso de ideas para deseñar un prototipo de ‘chiringuito’ biosostible cunha vintena de propostas presentadas

Ángeles Vázquez explica que esta innovadora iniciativa busca unificar a estética destes establecementos, que tamén se beneficiarán da decisión de ampliar a duración da tempada de verán ata o 31 de outubro

23/10/2025 | 14:24 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda reivindica o liderado de Galicia no sector da acuicultura e aposta por atraer novos investimentos

Agradece a Stolt Sea Farm o seu compromiso coa comunidade e que sexa unha parte máis desa “Galicia Calidade que exportamos por todas partes”

23/10/2025 | 13:39 | C. do Mar

A Xunta entrega ao sector 464.845 unidades de ameixa babosa procedente do minicriadeiro do Instituto Galego de Formación en Acuicultura

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro fixo entrega de semente á Confraría da Illa de Arousa que, na súa maioría, será destinada a preengorde en batea e participou na sementeira de 57.550 unidades de ameixa babosa no Bohído

22/10/2025 | 19:45 | C. do Mar

A Xunta reactiva a Comisión do mexillón como instrumento para afrontar os retos do sector

Mar sitúa este espazo común como clave para reforzar o liderado desta actividade extractiva e tamén para a toma axeitada de decisións por parte da Administración, co fin de que estas revertan na mellora da xestión do cultivo deste produto

22/10/2025 | 15:48 | C. do Mar

Villaverde pon en valor a aposta do Grupo Pereira pola diversificación dos seus produtos

Destaca o seu modelo de integración vertical, abarcando todas as fases do proceso produtivo ata a venta do produto final

21/10/2025 | 20:58 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta exixe ao Ministerio de Agricultura unha estratexia clara de coordinación para o control da dermatose nodular contaxiosa

Así o trasladou hoxe a titular deste departamento, María José Gómez, na xuntanza da Conferencia Sectorial e do Consello Consultivo de Política Agrícola e Política Pesqueira

21/10/2025 | 17:27 | C. do Mar

A Xunta afonda no impulso do sector miticultor de Galicia

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, mantivo sendos encontros de traballo coa DOP Mexillón de Galicia e Opmega