Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 1.974 novas da C. do Mar:

12/09/2025 | 14:01 | C. do Mar

A Xunta investiu 1 millón de euros desde 2023 en proxectos de modernización e eficiencia enerxética impulsados pola confraría de Burela

A directora de Desenvolvemento Pesqueiro visitou o pósito para avaliar as actuacións realizadas e para analizar as necesidades actuais dos profesionais de cara á realización de novas iniciativas ao abeiro dos apoios autonómicos

11/09/2025 | 15:31 | C. do Mar

O Centro de Cultivos Mariños de Ribadeo prepara novos lotes de semente de 100.000 unidades de ameixa babosa e 117.000 mil unidades de ostra plana

A directora de Desenvolvemento Pesqueiro visita as instalacións do Centro de Investigación Mariñas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, en Ribadeo para analizar o traballo que se vén realizando e estudar novas actuacións

11/09/2025 | 13:17 | C. do Mar

Villaverde destaca o apoio da Xunta a Anfaco-Cytma, que contribúe a que Galicia sexa paradigma da industria do atún a nivel nacional e internacional

O encontro, enmarcado no convenio que ambas entidades manteñen desde 2015,  reforza o liderado da cadea mar-industria galega, que produce o 60% da conserva de Europa

11/09/2025 | 12:32 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta promociona produtos alimentarios galegos de calidade na 'Américas Food & Beverage Show' de Miami

As consellerías do Medio Rural e do Mar, xunto co Igape, o Clúster Alimentario de Galicia e a Cámara de Comercio da Coruña apoian a presenza de 15 empresas galegas nesta feira profesional

10/09/2025 | 18:15 | C. do Mar

Marta Villaverde destaca que a empresa Marine Instruments é un exemplo de como a innovación contribúe a unha pesca eficiente e sostible

A conselleira visitou as instalacións da entidade de Nigrán, líder a nivel español e europeo na aportación de solucións tecnolóxicas en materia de seguridade e a defensa do medio mariño

10/09/2025 | 16:27 | C. do Mar

A conselleira do Mar e o alcalde de Ribadeo estudan novas vías de colaboración para mellorar as infraestruturas portuarias deste municipio

O rexedor local confirmou á responsable autonómica a próxima licitación da reforma da rúa Buenos Aires, no seu acceso ao porto de Mirasol, na que Portos de Galicia prevé un investimento de 480.000 euros

09/09/2025 | 20:05 | C. do Mar

Xunta e Interfish avalían as actuacións realizadas no ámbito da promoción e comercialización de especies como a quenlla, o marraxo e o peixe espada

A conselleira do Mar pon en valor a colaboración entre Goberno galego e a única interprofesional pesqueira de España que agrupa ao 75 % da produción e o 72 % da comercialización das tres especies