Actualidade
Buscador de novas
Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira
O conselleiro do Mar e o presidente da asociación asinan o convenio que permita afondar na promoción das embarcacións de madeira e de todo o legado flotante como importante nicho de traballo
A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas ‘demasías’
O documento dá continuidade á tramitación iniciada ao inicio deste ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que as confrarías poidan comercializar en primeira venda os excedentes de marisco
Alianza da Xunta e o IIM-CSIC para o estudo integral das condicións sedimentarias óptimas para a mellora da produtividade de bivalvos dos bancos marisqueiros
O conselleiro do Mar puxo en valor a colaboración do sector dado que nesta nova acción colabora a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra xunto a Universidade de Vigo
A campaña Galicia sabe AMar divulga entre o alumnado do CEIP Illa Verde de Lugo os beneficios de consumir produtos do mar
O delegado territorial da Xunta visitou a foodtruck que recibiu aos estudantes deste centro educativo ao longo da mañá
A Xunta destaca a excelencia dos produtos alimentarios do agro e do mar a través da iniciativa 'Galicia sabe a origen'
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, e o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participaron neste acto de promoción celebrado no restaurante Bancal de Madrid, coa participación de cociñeiros galegos de prestixio
Alfonso Villares defende a sostibilidade como un dos elementos que garanten a soberanía alimentaria
Para lograr este obxectivo, destaca a importancia de apostar pola I+D+I, que debe ser en equilibrio cos piares social e económico, tal e como a Xunta defende no marco da reforma da PPC
Villares defende o papel esencial do sector do mar para o subministro de alimentos de calidade á poboación
Considera que a suma dun menor impacto ambiental, xunto á calidade dos produtos das rías galegas, tamén fortalece unha cadea de valor máis xusta
A conselleria do Mar explora xunto coa universidade novas liñas de colaboración científica
O titular de Mar destacou o prestixio deste centro académico que conta co Selo de grao de excelencia autonómico así como o papel dos futuros veterinarios no sector do Mar, dada a súa importancia para garantir a soberanía alimentaria
A Xunta destaca que o Plan Director do sector da alimentación incrementará a competitividade desta industria clave para a economía galega
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa na 1ª xornada de traballo para a elaboración do Plan Director deste sector declarado estratéxico polo Goberno galego