Actualidade
Buscador de novas
A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€
Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032
Villares destaca o consumo de peixe e a práctica do deporte como hábitos saudables cun gran impacto no benestar e calidade de vida da cidadanía
O titular de Mar asistiu á LXXVIII Campionato de España de Trainerillas e ao Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa no que estiveron as catro foodtrucks da campaña autonómica de promoción de produtos pesqueiros GALICIA SABE AMAR
Galicia rexeita os criterios de aplicación dos coeficientes redutores de xubilación para a frota palangreira-conxeladora e arrastreira-conxeladora
Segundo estes valores, os barcos rexistrados nestas modalidades non teñen a consideración de buques conxeladores, o que supón unha discriminación a esta frota que faena en augas internacionais e que é maioritariamente galega
A Xunta e o IIM-CISC abordan co proxecto ‘RIFA’ o estudo da resposta inmune da ameixa rubia fronte os factores ambientais
O titular de Mar destaca que este traballo permitirá reforzar a actividade extractiva afondando no coñecemento dos factores máis influentes na supervivencia desta especie e optimizar as condicións da súa colleita
A Xunta inviste 375.000 euros na mellora dos departamentos de armadores de San Cibrao, en Cervo
O conselleiro do Mar comprobou o desenvolvemento dos traballos iniciados esta semana e que permitirán mellorar a condición de traballo nos 10 locais de uso profesional
A Xunta favorece a repoboación do ourizo na Ría de Ferrol coa semente en dous anos de 20.000 unidades
A acción enmárcase na estratexia da Consellería que busca mellorar as poboacións naturais deste recurso, mellorando a súa biodiversidade e a saúde do recurso explotado
A Xunta pon en valor a súa aposta pola cadea mar industria e o impulso ao seu crecemento a través da FP
Os conselleiros de Educación e do Mar reúnense con máis de 200 representantes do sector para reforzar a oferta de ciclos formativos no marco do Plan Conecta
Belén do Campo visita o buque de asalto anfibio Castilla atracado no porto da Coruña
A representante do Goberno galego destacou a importancia deste tipo de escalas para achegar ás galegas e galegos o labor das Forzas Armadas, así como para reforzar os lazos de colaboración institucional
A Xunta contribúe á rexeneración do banco de libre marisqueo de Bohído-Ría de Arousa coa semente de 145.700 unidades de ameixa babosa
Os exemplares son o resultado do traballo do Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), no marco da liña estratéxica do Goberno galego de conservación e restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños