Actualidade
Buscador de novas
Rueda urxe ao comisario de Pesca solucións aos problemas da flota palangreira
O presidente da Xunta mantivo un encontro con Costas Kadis no que avaliaron asuntos como a necesaria revisión da Política Pesqueira Común (PPC) ou o veto á pesca de fondo en determinadas zonas
A Xunta destaca o papel das mulleres no sector do mar e o seu liderado para afrontar os retos presentes e futuros da actividade pesqueira en Galicia
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro subliñou a crucial contribución das profesionais en ámbitos como a reparación dos aparellos de pesca, o marisqueo ou na industria conserveira
A Xunta de Galicia investirá 1,3 millóns de euros nas obras de dragaxe dos portos de Barallobre, Miño e Pontedeume
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou nunha visita ao peirao eumés o inicio do procedemento de licitación dos traballos por parte de Portos de Galicia, que contan cun prazo de execución de 9 meses
Villaverde enxalza a traxectoria da Festa do Percebe do Roncudo de Corme e a sitúa como modelo de valorización dos produtos do mar de Galicia
A conselleira do Mar destaca a calidade e sabor excepcional deste molusco como un dos maiores expoñentes da marca Galicia Calidade cuxa comercialización no 2024 deixou unha facturación nas lonxas galegas de case 9 millóns de euros
Alianza da Xunta e a Cooperativa de Armadores de Vigo para a realización de accións formativas co obxectivo de reforzar a capacitación dos tripulantes
A entidade viguesa é unha das principais beneficiarias da orde de axudas autonómicas, dotada de xeito bianual con 1,4 millóns de euros, que permitirá a realización dun total de 97 cursos ao longo deste ano
Mar e Deputación de Pontevedra renovan a alianza para que os alumnos do IGAFA reciban formación no estranxeiro en acuicultura e mergullo
Desde marzo este instituto conta coa homologación internacional do IMCA en inmersións, situándose como o primeiro centro de España en contar con este recoñecemento
Rueda anuncia que a Xunta ultima o lanzamento do Bono Peixe que estará dispoñible a partir do vindeiro 28 de xullo para a súa descarga
Resalta que o obxectivo é “incentivar o consumo” do peixe e marisco fresco galego, produtos que son sinónimo “de excelencia e calidade” por todo o mundo
Galicia defende na súa estratexia de economía azul un cambio enerxético xusto e sostible para o sector
Esta folla de ruta da Xunta inclúe o desenvolvemento de axendas intersectoriais, a promoción de tecnoloxías para un sector naval con cero emisións, a especialización dos portos e a posta en marcha dunha plataforma de ensaio de enerxías renovables