Actualidade
Buscador de novas
Alfonso Villares defende a sostibilidade como un dos elementos que garanten a soberanía alimentaria
Para lograr este obxectivo, destaca a importancia de apostar pola I+D+I, que debe ser en equilibrio cos piares social e económico, tal e como a Xunta defende no marco da reforma da PPC
Villares defende o papel esencial do sector do mar para o subministro de alimentos de calidade á poboación
Considera que a suma dun menor impacto ambiental, xunto á calidade dos produtos das rías galegas, tamén fortalece unha cadea de valor máis xusta
A conselleria do Mar explora xunto coa universidade novas liñas de colaboración científica
O titular de Mar destacou o prestixio deste centro académico que conta co Selo de grao de excelencia autonómico así como o papel dos futuros veterinarios no sector do Mar, dada a súa importancia para garantir a soberanía alimentaria
A Xunta destaca que o Plan Director do sector da alimentación incrementará a competitividade desta industria clave para a economía galega
O secretario xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético, Nicolás Vázquez, participa na 1ª xornada de traballo para a elaboración do Plan Director deste sector declarado estratéxico polo Goberno galego
Belén do Campo participa na sementeira de 500.000 unidades de ameixa xaponesa organizada pola confraría de Miño para á recuperación e conservación da zona do Pedrido
Belén do Campo explicou que no 2025-2026 a Xunta reserva un total 2,2 millóns de euros para axudas dirixidas a proxectos que buscan rexenerar os bancos marisqueiros
A Xunta pon en marcha a maior auditoría enerxética de Europa en portos e polígonos para aforrar custos, avanzar na descarbonización e blindar a subministración eléctrica
Rueda salienta que arrancará en xuño en “193 parques empresariais e 122 peiraos autonómicos”
A Xunta e Culturmar renovan a súa alianza para afondar na divulgación e promoción do patrimonio marítimo de Galicia
O convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial permitirá a realización do XVII Encontro de Embarcacións Tradicionais e a participación en eventos na península
A Xunta presenta preto de 60 proxectos ao Plan social polo clima por importe de arredor de 2.000 M€
Rueda destaca que esta planificación será a base para a aplicación en España do Fondo Social para o Clima (FSC) impulsado pola Unión Europea, que terá un orzamento de 9.000 M€ durante o período 2026-2032
Villares destaca o consumo de peixe e a práctica do deporte como hábitos saudables cun gran impacto no benestar e calidade de vida da cidadanía
O titular de Mar asistiu á LXXVIII Campionato de España de Trainerillas e ao Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa no que estiveron as catro foodtrucks da campaña autonómica de promoción de produtos pesqueiros GALICIA SABE AMAR
Galicia rexeita os criterios de aplicación dos coeficientes redutores de xubilación para a frota palangreira-conxeladora e arrastreira-conxeladora
Segundo estes valores, os barcos rexistrados nestas modalidades non teñen a consideración de buques conxeladores, o que supón unha discriminación a esta frota que faena en augas internacionais e que é maioritariamente galega