Actualidad
Buscador de noticias
Galicia aborda con outras rexións marítimas de Europa o impulso de novas iniciativas en apoio da actividade pesqueira a través da CRPM
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, asistiu á recepción do novo presidente da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM), o comisario rexional de Gotland (Suecia), Filip Reinhag
Villares e Gómez nomeados novos patróns da Fundación Dieta Atlántica da Universidade de Santiago de Compostela
O titular de Mar enxalzou o labor desta entidade no fomento da investigación e a difusión da Dieta Atlántica polos seus beneficios para a saúde e benestar da cidadanía na que os produtos pesqueiros son un dos grandes protagonistas
A Xunta adxudica as licenzas de practicaxe de buques para Cariño, Burela, Viveiro, Cee, Laxe, Corcubión e Sada
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o outorgamento dos dous permisos para as tarefas técnicas que permiten a entrada de embarcacións de grande tonelaxe e o seu amarre e desamarre aos comerciais de titularidade autonómica
A Cidade da Cultura reúne a 200 expertos nun encontro dos sectores do mar cos científicos do programa de ciencias mariñas de Galicia
A xornada, que foi inaugurada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, congregou a investigadores e a representantes da administración autonómica, sectores produtivos e organizacións do mundo do mar
Villares destaca o compromiso de ARVI ao longo dos seus 60 anos de existencia para converter a Vigo na capital europea da pesca
Apunta que o esforzo das organizacións, asociacións e traballadores que a integran foi decisivo para situarse na vangarda da competitividade
Portos de Galicia e o Concello de Foz acordan a proposta definitiva para a reversión ao estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e no seu caso trasladarse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP
A Xunta impulsa con outros 2,6 M€ a modernización tecnolóxica das lonxas e do seu proceso de comercialización
O esforzo inversor da Administración galega contribúe a unha xestión máis eficiente do sector pesqueiro tanto nas vendas como na trazabilidade dos produtos, incrementando a seguridade alimentaria
Villares remarca que o Goberno central nin fixo o seu traballo nin negociou correctamente o reparto de cotas do Gran Sol
Lamenta que o Executivo se congratule da negociación, cando nin tan sequera tivo en conta as cuestións que indica a sentenza do TXEU, relativas a que a distribución dos límites ten que corresponderse coas características socioeconómicas de cada zona
Portos de Galicia e o concello de Vilanova acordan a proposta definitiva para a reversión ao estado de terreos innecesarios para a actividade portuaria
O presidente do ente público reuniuse co alcalde arousán para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade da Administración Xeral do Estado e, no seu caso, transferirse aos Concellos en base aos criterios técnicos consensuados coa FEGAMP