Actualidade
Buscador de novas
A Consellería do Mar puxo a disposición do marisqueiro no que vai de ano máis de 50 M€ para a recuperación da súa actividade e garantir a sostibilidade e rendibilidade do sector
Alfonso Villares explica no Parlamento que tamén está comprometido un gasto en distintas liñas de investigación para proxectos de mellora da resiliencia por valor de máis de 4M€
Rueda destaca a conexión ferroviaria do Porto Exterior da Coruña como exemplo do potencial de Galicia de converterse nun nodo de transvase de mercadorías
Asegura que esta infraestrutura é “moi importante” para o “desenvolvemento económico de toda Galicia”
Rueda destaca a Estratexia da Economía Azul como o compromiso de Galicia coa protección e aproveitamento sostible dos seus recursos mariños
Lembra que o documento, aprobado onte mesmo polo Consello da Xunta, contempla máis de 114 millóns de euros ata 2027 para atender 40 medidas orientadas a fortalecer o sector mariño de Galicia, tanto a nivel nacional como internacional
Villares reclama ao Goberno central e á Comisión Europea a regulación dos produtos Plant Based fronte a etiquetaxe enganosa cos de orixe animal
O responsable autonómico amosa o seu apoio ás demandas do sector pesqueiro e subliña a necesidade de promover unha normativa nacional temporal mentres non exista unha normativa clara a nivel comunitario
A consellería do Mar traslada ao Goberno central a necesidade de regular a colaboración de Gardacostas de Galicia mediante distintos convenios
O titular de Mar resaltou a importancia de que exista coordinación e colaboración entre as diferentes administracións co obxectivo de prestar o mellor servizo ao conxunto da cidadanía
A Xunta, en colaboración coa USC, impulsa a produtividade das rías galegas, con dous proxectos investigadores para moluscos dotados con preto de 600.000 €
Estas actuacións están destinadas, en primeiro lugar, a analizar a idoneidade da capacidade de carga do cultivo de especies como o mexillón e á obtención de marcadores moleculares de resistencia á salinidade no berberecho
A Xunta aproba a Estratexia da Economía Azul de Galicia 2024-2027 que recolle 40 medidas que mobilizarán máis de 114 M€
Rueda salienta que o obxectivo é que “Galicia sexa punteira” neste eido que busca protexer os ecosistemas mariños e facer un uso axeitado dos recursos para garantir o desenvolvemento económico a longo prazo
A Consellería do Mar traslada á Confederación de Empresarios de Galicia a modificación da Lei de portos que permite ampliar ata 75 anos as concesións
Alfonso Villares reuniuse coa Comisión mar industria da CEG para informar sobre o cambio normativo que xa está en vigor a través da Lei de medidas e que “reforzará a actividade económica e seguridade xurídica” das empresas asentadas nos peiraos galegos
A Consellería do Mar financia a dotación da lonxa de Bueu dunha nova máquina de clasificado de cefalópodos no marco do proxecto Enerclas
Esta iniciativa impulsada pola Confraría de Pescadores de Bueu suporá un investimento de máis de 140.000 euros e inclúe a instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta da rula bueuesa