Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.026 novas da C. do Mar:

17/04/2026 | 15:47 | C. do Mar

Villaverde inaugurou a peixaría da confraría de Barallobre posta en marcha co apoio da Xunta para fomentar os produtos de proximidade

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o establecemento no edificio da lonxa, que lle permitirá ao pósito outras vías de comercialización dos produtos do mar

17/04/2026 | 15:17 | C. do Mar

Portos de Galicia e o Concello de Pontecesures acordan a proposta para a reversión ao Estado de terreos innecesarios do peirao

O presidente do ente público reuniuse coa alcaldesa para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e, no seu caso, trasladarse ao Concello en base aos criterios técnicos consensuados coa Fegamp

17/04/2026 | 13:34 | C. do Mar

A campaña da volandeira en Cambados acada cifras récord de facturación con máis de 1,8 M€

O volume de capturas global rozou as 424 toneladas na tempada 25-26, con máis de 315 toneladas e 1,4 M€ exclusivamente de descargas na lonxa de Cambados

17/04/2026 | 12:17 | C. do Mar

Villaverde defende un reparto máis xusto e optimizado das cotas como piar para a sustentabilidade da frota do cerco

Reclama unha cota fixa de atún vermello para aumentar os ingresos do sector e reducir os descartes e lamenta os importantes recortes na xarda

16/04/2026 | 19:32 | C. do Mar

A Xunta facilita a remuda xeracional no sector pesqueiro con desenvolvemento de 79 accións formativas

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou o curso de mariñeiro-pescador que se está a impartir na confraría do Porto do Son

16/04/2026 | 16:42 | C. do Mar

Portos de Galicia e o concello de Fisterra acordan a proposta para a reversión ao estado de terreos innecesarios do peirao

O presidente do ente público reuniuse co alcalde para avaliar a delimitación do solo susceptible de volver á titularidade do Estado e, no seu caso, trasladarse ao Concello en base aos criterios técnicos consensuados coa Fegamp

16/04/2026 | 16:05 | C. de Economía e Industria; C. do Mar

A Xunta pon en valor o sector naval como aliado estratéxico na actividade marítimo-pesqueira

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, inaugurou o seminario Naval 2026: Construír, reparar, asegurar e financiar, que clausurou a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao

16/04/2026 | 14:57 | C. do Mar

Mar avalía o impacto positivo do apoio á Confraría de Laxe con axudas de máis de 270.000 € nos últimos anos

O pósito solicitou unha nova partida de 30.000 € para a modernización dos procesos de comercialización de marisco na propia lonxa