Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.028 novas da C. do Mar:

02/03/2026 | 13:22 | C. do Mar

Mar e Fundación Nueva Pescanova converterán Galicia no epicentro do debate global sobre a pesca e a acuicultura sostibles co IV Sustainable Seafood

A conselleira, Marta Villaverde, asinou co presidente da entidade o convenio de colaboración para a organización do encontro que se celebrará en Vigo o 28 de abril

02/03/2026 | 11:48 | C. do Mar

Mar intensifica as mostraxes técnicas nos bancos marisqueiros afectados polos temporais para a toma de decisións co sector

Os rexistros, realizados polas confrarías en coordinación coa Consellería, enmárcanse no Plan de actuación ante eventos de baixa salinidade, deseñado polo CIMA e actualizado en febreiro

28/02/2026 | 17:10 | C. do Mar; C. do Medio Rural; A Presidencia da Xunta; C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Rueda reunirase en Bruxelas co comisario de Agricultura e Alimentación para defender os intereses do sector primario galego ante o tratado UE-Mercosur e o novo marco financeiro europeo

Manterá unha xuntanza o martes co comisario para trasladarlle a posición da comunidade ante a entrada en vigor provisional do tratado e esixir que as salvagardas aprobadas polo Parlamento Europeo sexan activadas de maneira áxil e efectiva

28/02/2026 | 12:52 | C. do Mar

Villaverde destaca a achega de máis de 521.000 € para o desenvolvemento da actividade na confraría de Cedeira no 2025

A conselleira do Mar analizou cos representantes do pósito os últimos investimentos realizados

28/02/2026 | 10:32 | C. do Mar

Gardacostas de Galicia reforza a formación na loita contra a contaminación mariña nunha xornada en Ribeira na que participou persoal doutros servizos

A xornada teórico-práctica permitiu mellorar a coordinación interadministrativa e a resposta operativa ante emerxencias ambientais no mar

27/02/2026 | 19:08 | C. do Mar

Villaverde destaca en Laxe o investimento en equipamentos portuarios como piar fundamental para reforzar a competitividade da pesca artesanal

A Consellería do Mar cofinancia actuacións de mellora na lonxa de Laxe para optimizar a conservación, o control e a comercialización do produto

27/02/2026 | 13:36 | C. do Mar

Mar explícalle de primeira man ao sector os detalles da novidosa orde de axudas para formación dirixidas a aumentar a súa cualificación

A estas achegas poden acollerse as confrarías e asociacións profesionais de reparación de redes e as súas federacións, organizacións de produtores, cooperativas do mar e demais asociacións constituídas por profesionais do ámbito

26/02/2026 | 15:14 | C. do Mar

Mar iniciará en primavera as dragaxes dos portos de Miño, Barallobre e Pontedeume cun investimento de 1,3 M€

A conselleira Marta Villaverde anunciou nunha visita á zona o próximo inicio das obras xa contratadas, que contan cun prazo de execución de 9 meses

25/02/2026 | 18:27 | C. do Mar

A Xunta renova o seu apoio á Federación Galega de Redeiras Artesás ‘O Peirao’ para fortalecer un oficio clave do sector do mar

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, asinou o convenio de colaboración con esta entidade

25/02/2026 | 17:46 | C. do Mar

A Xunta reforza a colaboración co sector da pesca recreativa nunha reunión con Fedpemar

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes deste colectivo para coñecer as súas inquedanzas