Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.028 novas da C. do Mar:

12/02/2026 | 15:18 | C. do Mar

Villaverde destaca o liderado da industria conserveira galega en Europa, no que a muller xoga un papel determinante

A conselleira do Mar participou na presentación da reedición do libro As familias da conserva, que recolle a evolución do sector desde as súas orixes ata a actualidade

12/02/2026 | 15:03 | C. do Mar

Villaverde reitera a petición ao Goberno central de rebaixar o IVE aos produtos pesqueiros para impulsar o seu consumo

A conselleira do Mar subliña a necesidade de avanzar cara a uns tipos impositivos que favorezan unha alimentación saudable e sostible e que impulse o sector marítimo-pesqueiro galego

12/02/2026 | 11:32 | C. do Mar

A Xunta reforza a coordinación coas asistencias técnicas do sector marisqueiro ao constatar a mala situación provocada polas intensas choivas

A conselleira do Mar inaugura unha xornada formativa sobre o procedemento para avaliar a mortalidade nos bancos marisqueiros

12/02/2026 | 09:09 | C. do Mar

Villaverde destaca o papel estratéxico dos portos na Estratexia da Economía Azul de Galicia 2024-2027

A conselleira do Mar clausurou en Vigo o VII Worshop BPI promovido pola FAO 

11/02/2026 | 19:46 | C. do Mar

Villaverde escoita as demandas dos comercializadores de anguía e reafirma o apoio da Xunta aos sectores ligados a esta especie

A conselleira do Mar analizou coa entidade nacional Aproang o impacto económico e social da proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica para prohibir a pesca desta especie

11/02/2026 | 15:10 | C. do Mar

Villaverde traslada ás confrarías as alegacións coas que procura evitar que o Goberno declare a anguía en perigo de extinción

A conselleira do Mar traslada ás confrarías afectadas o apoio da Xunta fronte a unha medida unilateral do Goberno central que non ten en conta a xestión responsable do recurso nin o impacto socioeconómico da actividade

11/02/2026 | 14:54 | C. do Mar

A Xunta mantén unha reunión de traballo co xerente do GALP Costa da Morte na que animou aos posibles beneficiarios a solicitar as axudas abertas ata o 16 de marzo

O ámbito territorial deste GALP abrangue os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, A Laracha, Laxe, Malpica, Muxía, Ponteceso e Vimianzo

10/02/2026 | 18:47 | C. do Mar

A Xunta analiza coas confrarías da ría de Muros-Noia a situación dos bancos marisqueiros

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro mantén un encontro cos patróns maiores de Noia, Muros, Porto do Son e Portosín para coñecer de primeira man a evolución do recurso