Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.028 novas da C. do Mar:

07/04/2026 | 19:36 | C. do Mar

Villaverde incide ante os patróns maiores da Coruña con marisqueo a pé na importancia do plan de acción para recuperar os seus bancos marisqueiros

A conselleira do Mar reuniuse cos representantes dos pósitos para reiterar as medidas dotada con 22,7 M€ e que ten nos convenios directos o seu principal eixo de actuación

07/04/2026 | 18:48 | C. do Mar; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta propón unha fronte común de administracións, empresas e expertos para frear unha reforma do Regulamento de Costas que xerará inseguridade xurídica e ameazará dereitos adquiridos sobre o litoral

O obxectivo é defender os intereses de Galicia a través dunhas alegacións ao texto proposto polo Goberno central, que, nos termos previstos, é contrario a dereito ao modificar unha lei pola porta de atrás e estendendo ademais a directiva europea de servizos a todas as actividades produtivas do litoral

07/04/2026 | 14:39 | C. do Mar

A Xunta inviste 100.000 euros na renovación do pavimento do pantalán pesqueiro e mexilloeiro de Vilanova de Arousa

Marta Villaverde presentou as obras que Portos de Galicia ten en licitación dentro dun contrato global por importe de 640.000 euros para unha decena de peiraos

07/04/2026 | 14:11 | C. do Mar

O proxecto europeo Free LitterAT que coordina o Cetmar consolida avances clave na loita contra o lixo mariño no Atlántico

Os socios de España, Portugal, Francia e Irlanda analizaron na localidade lusa de Cascais os progresos desta acción na que tamén participan o Intecmar, o IEO-CSIC e a Universidade de Santiago

07/04/2026 | 12:21 | C. do Mar

Mar continúa con Remagro os contactos co sector pesqueiro e acuícola galego

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse con representantes da empresa

06/04/2026 | 16:44 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Facenda e Mar asinan un convenio de 1 M€ para axilizar a xestión das axudas do FEMPA

O conselleiro de Facenda, Miguel Corgos, e a conselleira do Mar, Marta Villaverde, subscribiron hoxe este acordo de colaboración que se estenderá ata finais de 2028

06/04/2026 | 14:26 | C. do Mar

A Xunta pon a disposición do sector marisqueiro da ría de Arousa 2 M€ para compensar a parada temporal nos bancos dos Lombos, Bohído e Cabío

Hoxe foi publicada no DOG a orde que regula as bases e a convocatoria destas achegas ás que se poderán acoller armadores e tripulantes afectados polo cese de actividade dos anos 2024 e 2025