Actualidade
Buscador de novas
Villaverde destaca o Porto da Coruña como referente da rede portuaria que concentra o 25% das descargas de productos pesqueiros da comunidade
A responsable autonómica mantivo un encontro de traballo cos xestores desta infraestrutura portuaria para analizar a situación actual e valorar liñas de colaboración entre ambas administracións
Rosa Chapela, directora de Cetmar, participa en Aquaculture Europe 2025, o maior congreso europeo de acuicultura
A directora de CETMAR, Rosa Chapela, participa esta semana en Aquaculture Europe 2025, en Valencia. Intervirá na mesa redonda Attracting new talents in aquaculture e modera unha sesión sobre economía
O GALP Ría De Vigo-A Guarda impulsa sete proxectos de dinamización da actividade marítimo-pesqueira por valor de 385.000 euros
As iniciativas están promovidas polas confrarías de Moaña, Redondela e Arcade, por Conxemar e AFAMO, e polos Concellos de Soutomaior e Vilaboa
A Xunta lidera o debate das comunidades sobre o futuro da Política de Cohesión
O Goberno galego aposta por unha xestión descentralizada destes fondos e pon en valor o traballo levado a cabo polas autonomías, ao mesmo tempo que advirte de que a centralización no reparto destes fondos suporía un acceso máis complexo
Marta Villaverde aposta pola DOP `Mexillón de Galicia` como elemento diferenciador que unifique o sector e abra novas oportunidades de mercado
En 2024 esta certificación incrementouse un 56% ata alcanzar as 18.700 toneladas
A Xunta apoia á Confraría de Cambados con máis de 1,6 millóns de euros para melloras dos equipamentos portuarios e medidas de xestión do medio mariño
A conselleira do Mar mantivo un encontro con representantes da entidade para abordar as necesidades particulares do sector nesta zona e tamén analizaron posibles medidas futura para impulsar a actividade pesqueira e marisqueira
Galicia satisfeita polo incremento das posibilidades de pesca de bacallau e o mantemento en especies como a gallineta, a raia e a bertorella no cumio da NAFO
O único punto negativo é a pequena redución na cota de fletán negro dun 0,22% pola aplicación da nova regra de explotación o que se traduciu en 32 toneladas menos cun TAC para o 2026 14.729 toneladas das cales 6.398,9 corresponden á frota comunitaria
Villaverde expón ante o sector que Galicia lle marcou o rumbo ao Goberno na defensa dun fondo específico e suficiente para a pesca
Proba delo é que hai xa dous meses e tan só dous días despois de coñecerse o anuncio da Comisión de diluír o actual Fempa nun gran fondo, a Xunta rexeitaba esta decisión, creando, a principios de agosto e xunto co sector, un grupo de traballo ad hoc