Actualidade
Buscador de novas
A Xunta lamenta o bloqueo do Goberno central á tramitación da dragaxe do río Lérez á espera da autorización do punto de depósito dos áridos
Portos de Galicia continúa agardando a resposta do Miteco despois de remitir en abril o informe definitivo do Cedex en relación á proposta dos puntos onde descargar os sedimentos retirados nas dragaxes das Rías Baixas
Marta Villaverde destaca a colaboración da Xunta con Interfish-España na promoción, comercialización e posta en valor dos produtos marítimo-pesqueiros
A iniciativa dada a coñecer hoxe enmárcase no convenio asinado polas dúas partes en febreiro, dotado con 400.000 euros, e financiado ao 50%
O Bono Peixe desperta gran interese no seu lanzamento e acumula máis de 700 establecementos adheridos e máis de 52.000 bonos descargados nas primeiras 24 horas
O gasto ata agora foi tímido ao ser luns e non haber peixe nas lonxas tras o descanso da frota na fin de semana polo que a previsión é que nos vindeiros días se intensifique a utilización destes bonos
A Xunta apoia a XXXIX Feira do Bonito de Burela, unha cita gastronómica consolidada no verán da Mariña
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude tamén patrocina o concerto do artista Enol, que terá lugar na zona portuaria da localidade
A Xunta reforza a colaboración co CSIC para o desenvolvemento dos proxectos ‘Planctox’ e ‘Bivalfood’ dotados con preto de 440.000 euros
A conselleira do Mar destaca a aposta do Goberno galego pola investigación mariña como ferramenta para afondar na competitividade e nos principais desafíos aos que se enfronta a actividade marisqueira
Máis de 100 produtores participan nos primeiros obradoiros de Capacitamex sobre o ciclo de vida do mexillón en Galicia
Esta acción da Consellería do Mar, coordinada polo Centro Tecnolóxico do Mar, levou a cabo cinco obradoiros en diversas localidades onde abordouse os factores ambientais que inflúen na reprodución deste bivalvo
Villaverde aborda coa Federación Galega de Redeiras a situación das profesionais e analizan posibles liñas de colaboración cara afrontar a remuda xeracional
A titular de Mar puxo en valor o labor da entidade en favor deste colectivo que xoga un papel esencial no sector pesqueiro subministrando un servizo esencial á frota
A Xunta e a Confraría do Grove analizan as necesidades do sector e reforzan a colaboración no desenvolvemento de novas iniciativas
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro puxo en valor o traballo realizado pola entidade que levou a cabo proxectos de rexeneración das zonas produtivas ao abeiro das axudas autonómicas cun investimento de case 186.000 euros
Portos de Galicia contrata por 540.000 euros as obras de instalación de novos departamentos para o sector profesional de Sanxenxo
A actuación, que ten un prazo de execución de 4 meses, prevé a dotación de 14 novos locais para almacenamento de pertreitos dos mariñeiros con especial atención á integración desta actividade nunha contorna marcadamente turística