Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.059 novas da C. do Mar:

19/06/2025 | 15:23 | C. do Mar

Villaverde pon en valor os avances na elaboración do censo do patrimonio marítimo previsto no Plan da Cultura Marítima de Galicia Horizonte 2030

A titular de Mar destacou o desenvolvemento dun visor das dez áreas nai, espazos de interese cultural marítimo, recollidos no documento co obxectivo de mellorar a accesibilidade e divulgación da información relativa a estes lugares

18/06/2025 | 18:29 | C. do Mar; C. do Medio Rural

Medio Rural reafirma a súa aposta pola seguridade e a sanidade animal e vexetal na conferencia sectorial de agricultura

As conselleiras do Medio Rural e do Mar participaron de xeito telemático nas reunións da Conferencia sectorial de agricultura e desenvolvemento rural e do Consello consultivo de política agrícola e política pesqueira

18/06/2025 | 16:59 | C. do Mar

A conselleira do Mar destaca os 25 anos de AECOC no fortalecemento da cadea mar-industria co consumidor no centro de acción

Marta Villaverde clausura o congreso organizado por esta entidade en Baiona, e co que colabora a Administración autonómica

18/06/2025 | 12:58 | C. do Mar

Villaverde destaca a bagaxe e talante dialogante dos novos directores xerais da Consellería do Mar

Tamén recordou que tanto Cándido Rial, agora ao fronte do departamento de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, como Ángeles Vázquez no de Desenvolvemento Pesqueiro, xa exerceron anteriores responsabilidades na Consellería

17/06/2025 | 14:50 | C. do Mar

Gardacostas de Galicia incauta 635 cacharros e nasas e devolve 215 quilos de polbo ao mar nun novo operativo contra o furtivismo

A captura desta especie está prohibida ata o 1 de xullo por atoparse en período de veda co obxectivo de protexer a súa reprodución e garantir unha explotación sostible deste recurso pesqueiro

17/06/2025 | 12:46 | C. do Mar

A Xunta e Clusaga colaboran no reforzo da internacionalización da cadea mar-industria coa captación de novos mercados no horizonte

A comunidade é unha das principais potencias exportadoras de produtos pesqueiros a nivel mundial cunhas ventas anuais de preto de 2.800 millóns de euros con destinos á alza como Estados Unidos ou Emiratos Árabes Unidos

16/06/2025 | 18:01 | C. do Mar

Villaverde traslada aos representantes do sector os avances na tramitación de novas medidas de reforzo da actividade pesqueira e marisqueira na comunidade

Entre elas a modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para regular as coñecidas como ‘demasías’ ou a proposta de modificación do baremo para a selección das prazas para marisqueo a pé

13/06/2025 | 16:43 | C. do Mar

Portos de Galicia inicia este mes o procedemento de avaliación do impacto ambiental da dragaxe de Espasante

Unha vez finalizado este trámite desenvolverase o correspondente proxecto construtivo para a súa licitación e posterior execución dos traballos

12/06/2025 | 16:55 | C. do Mar

Portos de Galicia e Culturmar asinan un convenio de colaboración para a organización do XVII Encontro de embarcacións tradicionais en Ribeira

O evento celebrarase do 17 ao 20 de xullo nun espazo cedido polo ente público para fomentar e promocionar o patrimonio marítimo e a flota tradicional