Actualidade
Buscador de novas
A Xunta financia novos equipamentos e melloras nas instalacións da Federación Galega de Confrarías
O conselleiro do Mar asinou un acordo coa entidade sectorial que recolle unha achega de 27.000 euros para a mellora da competitividade, fomento e promoción das confrarías de pescadores
Portos de Galicia ten pechada a proposta de reversión ao Estado de terreos innecesarios en 17 dos 25 concellos que o solicitaron
O presidente do ente público explicou no Parlamento que nove destes expedientes foron xa remitidos a Costas para que o Ministerio de Transición Ecolóxica decida sobre a súa aprobación e os 8 restantes ratificaranse en Consello Rector este mes
A potenciación da remuda xeracional, un dos eixos prioritarios do Decálogo Estratéxico elaborado por Mar en consenso co sector
As axudas contempladas no Plan do Marisqueo e o investimento en formación, entre as iniciativas activadas pola Xunta para contribuír á viabilidade da actividade marisqueira, en aras de facela rendible e atractiva para as xeracións máis novas
CETMAR celebra o Día Mundial dos Océanos cunha campaña participativa de recompilación de palabras relacionadas co mar
“Un Mar de Falas” dará comezo hoxe nos diferentes perfiles do centro en redes sociais co obxectivo de animar á cidadanía a compartir vocabulario mariño
A Xunta de Galicia inviste 210.000 euros na renovación das luminarias do porto de Rianxo con tecnoloxía LED de alta prestación e software de telecontrol
As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
Xunta e Agalcari renovan alianzas para seguir dinamizando o patrimonio marítimo e a carpintería de Ribeira
O conselleiro do Mar e o presidente da asociación asinan o convenio que permita afondar na promoción das embarcacións de madeira e de todo o legado flotante como importante nicho de traballo
A Xunta traslada ao sector o borrador inicial da orde que regularizará e dotará de transparencia a comercialización das coñecidas ‘demasías’
O documento dá continuidade á tramitación iniciada ao inicio deste ano coa modificación da Lei de Confrarías de Pescadores de Galicia para permitir que as confrarías poidan comercializar en primeira venda os excedentes de marisco
Alianza da Xunta e o IIM-CSIC para o estudo integral das condicións sedimentarias óptimas para a mellora da produtividade de bivalvos dos bancos marisqueiros
O conselleiro do Mar puxo en valor a colaboración do sector dado que nesta nova acción colabora a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra xunto a Universidade de Vigo