Actualidade
Buscador de novas
Rueda destaca ao sector conserveiro galego coma referente da economía e representante da marca Galicia Calidade polo mundo
Salienta que a cadea mar-industria “crea riqueza no territorio” grazas aos recursos mariños, “pero sen aproveitarse deles”
Publicada no DOG a orde para seleccionar a entidade colaboradora na xestión do Bono Peixe
As firmas interesadas teñen 5 días naturais para formalizar a solicitude e a Consellería 15 para a selección e notificación, contados a partir do día seguinte ao do remate do prazo de presentación
Villares destaca o potencial da acuicultura de moluscos, sector no que Galicia é líder entre todas as rexións europeas
Os últimos datos revelan que a comunidade produciu 748 toneladas deste bivalvo que supuxeron unha facturación de máis de 9M€
Galicia expón na sesión plenaria da REGP a xestión dos GALP como axentes dinamizadores dos territorios costeiros
No marco da última convocatoria para o trienio 2025-2027, ao abeiro do Fempa e cunha axuda pública de 14,6 M€, presentáronse na comunidade 255 proxectos para o desenvolvemento local participativo
A Xunta contribúe á rexeneración da Ría de Cedeira coa semente de 3.000 unidades de ourizo de mar
O proxecto ten por finalidade recuperar a biodiversidade e os ecosistemas naturais, aumentar a densidade e o stock desta especie, ademais da repoboación e conservación dos bancos ouriceiros, co fin de mellorar a xestión da explotación deste recurso
Villares pon en valor a Estratexia Galicia Dixital 2030 como folla de ruta para optimizar a trazabilidade e a comercialización dos produtos marítimo-pesqueiros
Neste compromiso co impulso da competitividade da cadea mar-industria, o Goberno galego completará este ano a 2ª fase do programa Lonxas 4.0, que conta cun investimento de 10M€
A Xunta de Galicia inviste 78.000 euros na renovación das luminarias do porto de Cangas con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol
As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
A Xunta de Galicia inviste 95.000 euros na renovación das luminarias do porto de Viveiro con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol
As obras están en execución e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
A Xunta inviste 100.000 euros na renovación dos pavimentos esgotados nos portos de Campelo e Combarro, no municipio de Poio
As obras que se executan nesta semana permitirán dotar de novos firmes as explanadas e viarios de ambas dársenas e repintar a sinalización horizontal