Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.059 novas da C. do Mar:

14/05/2025 | 13:26 | C. do Mar

Villares destaca a aposta da Xunta polo turismo náutico como elemento estratéxico para o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros

Co obxectivos de impulsar os portos deportivos, o seu departamento consignou por primeira vez este ano nos Orzamentos unha partida de 1,2 millóns de euros

13/05/2025 | 20:50 | C. do Mar

Villares felicita a Burela Quality por apostar pola innovación e a pesca sostible como base do seu crecemento empresarial

Baixo ‘LaMarca Seafood’, a entidade mariñá introdúcese na xeración de marisco crioxenizado e tratado coa técnica Ikejime

13/05/2025 | 17:46 | C. do Mar

A Xunta de Galicia ratifica o seu compromiso co pulo á nautica recreativa na Costa da Morte

­O presidente de Portos de Galicia respondeu a unha pregunta parlamentaria na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo na que clarexou que a regularización dos fondeos do interior da ría de Corme e Laxe corresponde a Costas do Estado

13/05/2025 | 17:11 | C. do Mar

A Xunta fomenta o consumo do produto de proximidade mediante a súa inclusión nos criterios de adxudicación nos procesos de contratación pública

O Goberno galego incorpora de xeito transversal e preceptiva criterios sociais e medioambientais que garden relación co obxecto dos contratos en liña co marco normativo estatal e autonómico vixente

13/05/2025 | 16:16 | C. do Mar

Villares destaca o papel do CIMA como piar científico do sector pesqueiro e que sitúa a Galicia á vangarda no ámbito da investigación mariña

O titular de Mar resalta que na actualidade está desenvolvendo 19 accións, 11 das cales foron postas en marcha no 2024, nas que o Goberno galego inviste preto de 1,9 millóns de euros

13/05/2025 | 15:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar
13/05/2025 | 12:40 | C. do Mar

Galicia lidera a promoción de produtos pesqueiros nos mercados internacionais e incentiva o consumo con campañas e o lanzamento do Bono peixe

O Goberno galego destina este ano máis de 20 millóns de euros a accións de posta en valor dos produtos da pesca e da acuicultura da man de entidades do sector e co foco en realzar o seu  valor nutricional  

13/05/2025 | 10:53 | C. do Mar

Galicia aposta pola internacionalización como instrumento para optimizar a competitividade da cadea mar-industria

Ante o escenario arancelario actual, o conselleiro destaca a anticipación da Xunta para que as empresas galegas teñan o menor impacto posible da aplicación destas taxas

12/05/2025 | 16:59 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Economía e Industria; C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; C. do Mar; A Presidencia da Xunta

Rueda avalía as inversións da Xunta na cidade e provincia de Lugo en áreas como a educación, a vivenda ou o saneamento

Realizáronse obras nunha vintena de centros escolares da cidade ao abeiro do Plan de nova arquitectura pedagóxica por máis de 14 M€ e estase a rehabilitar o IES Lucus Augusti