Actualidade
Buscador de novas
Villares resalta o papel da muller no sector pesqueiro e no desenvolvemento social, cultural e económico de Galicia
O titular Mar citou o ‘Poema á muller galega’ de Manuel María para louvar ao principal activo social da comunidade que personificou na Asociación de Mulleres Rurais ‘As Espalladoras’ no marco da Xornada do Mar
A Xunta respalda ao sector marítimo-pesqueiro ante o atropelo das 87 vedas á pesca de fondo e na PPC do futuro
Destaca que, mentres o Goberno galego ten un claro compromiso coa soberanía alimentaria e impulsa ambiciosas medidas como o Bono Peixe, o Executivo central segue sen baixar o IVE aos produtos do mar
Villares enxalza á cadea mar-industria galega como modelo de éxito que aposta pola innovación, a investigación, a formación e a sustentabilidade
O titular de Mar puxo en valor o papel de Galicia como principal rexión pesqueira de Europa así como da súa frota que opera en caladoiros de todo o mundo respectando os estándares máis esixentes en termos ambientais
Mar contribúe á recuperación e conservación dos hábitats mariños da Confraría de Carreira e Aguiño coa semente de 1,5 millóns de unidades de ameixa babosa
Previamente procedeuse a retirada de depredadores deste molusco e arado do fondo, co fin de favorecer a sustentabilidade e a produtividade destes bancos marisqueiros, así como a súa actividade pesqueira
Galicia considera a revisión da PPC como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro
Así se recolle no Decálogo Estratéxico da Consellería do Mar, a través do que se reclama que a comunidade sexa considerada zona altamente dependente da pesca, o que implica que teña un trato diferenciado na toma de decisións europeas
A campaña GALICIA SABE AMAR divulga entre os alumnos do CEIP María Barbeito o mellor sabor das rías galegas e os beneficios que hai detrás do seu consumo
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, visitou a foodtruck que recibiu aos estudantes deste centro educativo ao longo da mañá
A rexionalización da xestión pesqueira e o level playing field, principais retos de Galicia nas institucións europeas
No marco deste compromiso, Villares puxo en valor o carácter proactivo e innovador da Xunta, impulsando o Bono Peixe que, cun investimento de 2,5 M€, permitirá a mobilización de alomenos 10 M€ e un aforro dun 25% na compra de 50.000 galegos