Actualidade
Buscador de novas
A consellería do Mar cofinancia o proxecto ‘Nós mariñeir@s’ que pon valor e divulga a riqueza do patrimonio cultural marítimo de Ferrol
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro manifestou que esta iniciativa está encadrada no apoio ás Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo e no marco de actuación dos centros de formación náutico-pesqueiros autonómicos
Villares defende a coordinación de Galicia e Europa no control da actividade pesqueira para garantir unha PPC efectiva e o cumprimento da normativa común
Para o titular de Mar esta é a forma de promover unha pesca sostible e, neste cometido, pon en valor o traballo do Servizo de Gardacostas, que depende da Consellería do Mar
A Xunta de Galicia inviste 60.000 euros na renovación das luminarias de Sada con tecnoloxía led de alta prestación e software de telecontrol
As obras iniciáronse hoxe e permitirán modernizar o alumeado exterior do porto cun aforro enerxético estimado do 60%
Villares defende que a futura PPC recolla as demandas do sector, tal e como marca o ‘Decálogo Estratéxico de Galicia’
Isto pasa pola actualización do concepto de zona altamente dependente da pesca, o relevo xeracional, unha definición de pesca artesanal e un enfoque ecosistémico da actividade, a preservación do patrimonio marítimo e o fomento da economía azul
A Xunta financia 5 cursos de formación no ámbito marítimo-pesqueiro en Porto do Son para afondar na competitividade e remuda xeracional do sector
O conselleiro do Mar destaca que xa foron executadas ou están en execución 45 das 97 accións formativas previstas este ano por parte das entidades pesqueiras beneficiarias da orde de axudas autonómicas dotadas con 1,5 millóns de euros
A Consellería do Mar será unha das protagonistas do Salón Internacional da Industria Acuícola Aquafuture que acollerá a cidade de Vigo o vindeiro mes de maio
A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica asistiu á presentación do evento, o único deste tipo en España, que reflicte o liderado de Galicia nesta industria e que contará con máis de 200 expositores procedentes de 26 países
Arranca ‘Capitán Mareas’, o programa educativo de Vegalsa-Eroski respaldado por Mar para promover o consumo dos produtos marítimo-pesqueiros entre o público infantil
A iniciativa, que conta co apoio do Goberno galego, deu comezo hoxe en Burela e contou coa participación de 25 alumnos de 6º de Primaria do C.E.I.P de Cervo
Portos de Galicia tramita a concesión para o porto deportivo de Rianxo que prevé 174 prazas de amarre e 470 metros de edificación con módulos prefabricados
O investimento previsto polo club náutico é de 1,7 millóns de euros e proxéctase a súa execución en dúas fases coordinadas co plan de reordenación da dársena, que inclúe a remodelación das instalacións pesqueiras e mexilloeiras