Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.059 novas da C. do Mar:

29/03/2025 | 11:11 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Mar; C. do Medio Rural

Belén do Campo destaca o liderado de Galicia no sector primario na inauguración da Feira Multisectorial Magreco en Boimorto

Na súa intervención puxo de relevo a potencia do sector agrogandeiro na nosa comunidade, que se sitúa como "líder indiscutible" no ámbito nacional e como referente internacional, xa que se atopa entre as primeiras rexións europeas produtoras

28/03/2025 | 19:11 | C. de Facenda e Administración Pública; C. do Mar

Mar completa en Viveiro a posta en marcha das oficinas Es.Mar Economía Azul de Galicia que dan servizo a 75 concellos

O conselleiro do Mar remarca que este servizo terá un impacto positivo no desenvolvemento das actividade marítimo-pesqueira da zona, así como na xestión empresarial da mesma, o que repercutirá no impulso da competitividade e a transformación da cadea mar-industria

28/03/2025 | 14:40 | A Presidencia da Xunta; C. do Mar

Rueda demanda que o atún quede excluido do acordo comercial entre a UE e Tailandia para reducir “o gran impacto” que tería na industria conserveira galega

Salienta que se trata dun sector “estratéxico” para a economía da comunidade e referente a nivel europeo

28/03/2025 | 14:16 | C. do Mar

Cetmar e os seus socios no proxecto Green avanzan cara á creación da Rede Europea de Formación Profesional Verde

A sede do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo acolle o día 1 de abril unha xornada de debate na que se recollerán recomendacións de profesionais da educación para o impulso desta iniciativa

27/03/2025 | 17:23 | C. do Mar

Villares analiza co sector as medidas de apoio despregadas polo Goberno autonómico ao abeiro do Plan de Competitividade e Sostibilidade 24-25

O titular de Mar resaltou as distintas ordes de axuda postas en marcha pola Consellería que permitiron afondar na sostibililidade presente e futura da actividade marisqueira

27/03/2025 | 12:39 | C. do Mar

A Consellería colabora coa Confraría de Pescadores de Redondela na conservación e restauración ecolóxica dos bancos marisqueiros desta zona

O obxectivo, segundo adiantou o titular de Mar, é garantir a capacidade produtiva destas zonas e así favorecer a súa  viabilidade económica, social e ambiental

27/03/2025 | 11:25 | C. do Mar

CETMAR presenta ao sector mexilloeiro os resultados de investigación e as novas ferramentas de apoio á planificación das campañas de recolección de mexilla

O Centro Tecnolóxico do Mar organizou en O Grove o primeiro dos talleres de transferencia previstos no marco do proxecto Capacitamex e dirixido nesta ocasión aos membros da asociación Amegrove

26/03/2025 | 20:18 | C. do Mar

Villares aborda co sector mexilloeiro a necesidade de agrupar a todos os produtores para reforzar o papel de interlocución das súas entidades representativas

Na actualidade na costa galega hai instaladas 3.573 bateas das cales 1.203 non pertencen a ningunha das 45 entidades que agrupan aos produtores de mexillón, diluíndo a voz da actividade miticultora galega

26/03/2025 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. do Mar

A Xunta pon en valor a terceira edición de Sedexpo como punto de encontro dos sectores de seguridade, defensa e emerxencias

Os conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes e do Mar participaron na inauguración do evento, visitaron os expositores e asistiron a un simulacro de rescate levado a cabo entre a Unidade de Policía Nacional Adscrita de Galicia e Gardacostas