Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.059 novas da C. do Mar:

25/03/2025 | 18:37 | C. do Mar

Villares enxalza o Galicia Fórum Gastronómico como escaparate de excepción dos produtos pesqueiros e da riqueza e sabor da despensa atlántica

O titular de Mar louvou a traxectoria da Federación Galega de Redeiras Artesás O Peirao, premiada na categoría produtor de Mar, pola contribución destas profesionais ao fornecemento da actividade pesqueira da comunidade

25/03/2025 | 16:35 | C. do Mar
25/03/2025 | 15:58 | C. do Mar

Mar mellora a praza de abastos de Dena converténdoa nun espazo de referencia para o comercio de proximidade vinculado á actividade pesqueira

O departamento autonómico destinou a esta actuación preto de 57.000 euros, consolidando a aposta decidida polo impulso desta zona marítima, na que a Xunta leva investidos máis de 3,4M€ nos últimos anos 

24/03/2025 | 17:54 | C. do Mar

Unha empresa galega está construíndo o primeiro buque pesqueiro híbrido de España abrindo o camiño cara a descarbonización da frota

O proxecto Ventura, promovido pola armadora Veraguas, foi presentado no marco da xornada ‘Buques do mañá: Enerxía limpa, tecnoloxía de vangarda e mulleres marcando o camiño- Visión española da frota do século XXI’

23/03/2025 | 15:11 | C. do Mar; A Presidencia da Xunta

A Xunta reivindica a cociña galega como un motor económico e de emprego na apertura do X Galicia Fórum Gastronómico

O evento contou coa presenza do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, que visitou varios dos espazos culinarios participantes nesta nova edición da cita gastronómica

22/03/2025 | 13:30 | C. do Mar

Villares destaca a estreita colaboración da Xunta coas entidades do sector pesqueiro no desenvolvemento de novas accións formativas

O titular de Mar destacou que estas iniciativas, que permiten afondar na competitividade e remuda xeracional da pesca galega, son beneficiarias da orde de axudas dotadas con 1,5 millóns de euros

21/03/2025 | 18:27 | C. do Mar

A Xunta acusa a Concello e Costas de “abandono de funcións” na vertedura por hidrocarburos na Ribeiriña polo que foron pechados varios bancos marisqueiros

O Goberno galego insta aos responsables municipais, como administración competente, e á Demarcación de Costas a actuar con dilixencia para eliminar este foco de contaminación detectado na Pobra do Caramiñal

21/03/2025 | 16:54 | C. do Mar

Portos e o Concello de Viveiro acordan a construción dun paseo no borde marítimo e a reurbanización do aparcadoiro do porto vello

A rehabilitación da coñecida como ‘Casa do Guardamuelles’ e a reorganización do espazo dedicado a aparcadoiro no entorno do náutico da localidade e do Centro de Saúde son outras das actuacións consensuadas