Actualidade
Buscador de novas
A Xunta mobiliza medios e recursos anticontaminación nos tramos fluviais afectados polo vertido de puríns dunha explotación en Tordoia
Tras recibir o aviso da rotura dunha balsa de xurros a pasada noite a través do 112, Augas de Galicia enviou ao persoal do Programa de control de vertidos para inspeccionar a zona e facer un seguimento que continúa hoxe coa toma de mostras e a realización de analíticas para detectar posibles afeccións
Rueda destaca que a nova ETAP de Padrón supón un paso decisivo para blindar o subministro de auga á veciñanza de nove concellos do entorno do río Ulla
A Xunta achegou 10,5 M€ para aumentar a capacidade de tratamento da planta nun 40% e atender a 90.000 habitantes no horizonte 2044
A Xunta lanza a iniciativa ‘Circularidade do téxtil galego’ da man do sector para incidir na prevención en orixe destes residuos e mellorar a súa xestión
Ángeles Vázquez incide en que non se trata só de reciclar máis senón de adaptar tamén a produción e a forma de consumir produtos como a roupa e o calzado
A Xunta instala 34 paneis divulgativos para informar e sensibilizar á cidadanía sobre o risco de inundación en distintos ríos no concello de Redondela
O obxectivo de Augas de Galicia é advertir dos perigos asociados ás áreas de risco potencial significativo de inundación e dar a coñecer as medidas preventivas e as pautas de actuación recomendadas en caso de producirse algún episodio de desbordamento
Rueda esixe a retirada da proposta estatal de modificar a lexislación de Costas para aplicar criterios de deslinde máis restrictivos e advirte de que pode afectar a 2.500 edificacións en Galicia
Anuncia que esta semana se van presentar alegacións ao Real Decreto de xestión dos riscos de inundación, no que se inclúen estes cambios
A Xunta estudará novas vías de colaboración coa Escola Técnica Superior da Universidade da Coruña para dar a coñecer á cidadanía o papel destes profesionais para avanzar en materia medioambiental
Ángeles Vázquez recoñece a importancia dos enxeñeiros de camiños, canais e portos para avanzar na investigación e posta en marcha de proxectos relacionados con ámbitos da súa competencia, especialmente na xestión da auga e na mitigación do cambio climático
A Xunta outorga ao Concello de Fisterra unha concesión para ocupar 4.400 m2 na praia do Sardiñeiro destinados a paseo e zona de uso público recreativo
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático regulariza deste xeito a ocupación correspondente a un paseo marítimo existente, así como do parque infantil instalado nunha zona axardinada
A Xunta pon en marcha unha nova edición do concurso Pilabot para concienciar a comunidade educativa sobre a reciclaxe de pilas
O prazo para que centros educativos de primaria e secundaria se inscriban nesta iniciativa permanecerá aberto desde hoxe, 14 de setembro, ata o 2 de outubro
A Xunta dá luz verde ambiental ao plan especial da cidade deportiva do CD Lugo, en Outeiro de Rei
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé efectos ambientais significativos na zona de actuacións sempre que se cumpran as condicións sinaladas
O Parque Nacional das Illas Atlánticas recolle preto de 8.400 sementes autóctonas para consolidar a restauración dos hábitats insulares
A recollida de sementes constitúe unha das fases máis importantes do proceso de recuperación, xa que permite dispoñer de material xenético adaptado ás condicións ambientais das propias illas