Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.992 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

17/10/2026 | 14:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta acondiciona a nova sede do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, en Pontevedra, cun orzamento de máis de 700.000 euros

Ángeles Vázquez sinala que as instalacións pasarán do Pazo de Lourizán a unhas dependencias que estaban sen uso no edificio administrativo da Xunta na cidade

16/10/2026 | 16:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reivindica o modelo galego como referente na xestión do litoral e nun exemplo a seguir polo resto de comunidades costeiras

Paula Uría salienta que o traspaso a Galicia dos medios, funcións e servizos nese eido supuxo un antes e un despois para o litoral galego e un avance na consolidación dun modelo de xestión máis sinxelo, homoxéneo e accesible

16/10/2026 | 16:03 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o concello de Castro de Rei destinan 1,35 M€ para a modernización da estación potabilizadora de Quintela para garantir a máxima calidade da auga

Ángeles Vázquez incide en que con esta actuación se blinda o servizo de abastecemento de auga tanto para os fogares, como para o sector gandeiro e industrial do municipio, que xeran emprego e contribúen a fixar poboación no rural

15/10/2026 | 15:52 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta incrementa a variación máxima da potencia dos proxectos eólicos para facilitar a súa modernización e repotenciación

Ángeles Vázquez avanza que se modificará a normativa eólica a través da Lei de medidas dos orzamentos para subir do 10% ao 20% a variación de potencia autorizada para que as melloras propostas se tramiten como modificación non substancial

15/10/2026 | 13:24 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á instalación dun campamento de turismo en Padrón

A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que o proxecto teña impactos significativos sobre a contorna sempre que se cumpran os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada

14/10/2026 | 19:45 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta pola información e a prevención para salvagardar bens, reducir danos e protexer as persoas ante o risco de inundacións

Roi Fernández lembra que o Plan de Xestión de Inundación de Galicia-Costa establece como obxectivo reducir e minimizar as consecuencias negativas destes episodios

14/10/2026 | 15:31 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta publica unha guía pioneira en España para facilitar a avaliación ambiental dos proxectos e poñer en valor o seu impacto positivo no territorio

Ángeles Vázquez incide en que o obxectivo desta ferramenta é contribuír a axilizar e completar a análise desde o punto de vista ambiental daquelas iniciativas baseadas no aproveitamento dos recursos naturais, reforzando á vez a seguridade xurídica

14/10/2026 | 13:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Concello de Coirós avalían medidas para a mellora do abastecemento na localidade

Ángeles Vázquez comprométese a estudar o proxecto coas propostas municipais para mellorar as condicións de almacenamento de auga

13/10/2026 | 19:35 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta e o Colexio de Enxeñeiros Agrónomos estudan vías de colaboración para fortalecer o futuro mercado de créditos de carbono de Galicia

Este sistema ten como obxectivo principal contribuír a acadar a neutralidade climática de Galicia en 2040, mediante o fomento de actividades que ou ben eviten a liberación de CO2 ou contribúan a aumentar a súa capacidade de absorbelo

13/10/2026 | 13:39 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta aposta por facer do Camiño do Litoral unha experiencia cada vez máis visible, máis accesible e máis conectada cos viaxeiros e os concellos galegos

A nova campaña de promoción entre os municipios litorais que forman parte do itinerario inclúe a distribución de carteis, materiais para as oficinas de turismo e recursos para entregar aos camiñantes, como cadernos de bitácora