Actualidade
Buscador de novas
A Xunta avoga por un turismo sostible e compatible coa protección do medio ambiente coa ampliación dun aloxamento turístico en Mazaricos
Ángeles Vázquez visita as instalacións situadas no lugar do Fieiro que non prevé que teña impactos significativos sobre a contorna tras a aprobación favorable do informe de impacto ambiental
A Xunta outorga ao Concello de Vigo unha concesión de ocupación de 20.978 M2 para a recuperación ambiental da praia do Vao e da súa contorna
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático resolve a solicitude municipal presentada para acometer unha serie de actuacións coas que poñer en valor a fronte marítima no extremo sur da ponte de Toralla
Ángeles Vázquez pon en valor o Salón de animais de compañía de Galicia como espazo para divulgar boas prácticas e fomentar a adopción responsable
Salienta a importancia de eventos destas características que actúan como punto de encontro para profesionais, entidades, administracións e persoas interesadas no coidado e benestar dos animais de compañía
A Xunta salienta que Galicia é un corredor clave nas rutas migratorias das aves en Europa e apela á colaboración cidadá para garantir a súa conservación
Ángeles Vázquez lembra que en caso de localizar un animal ferido, non debe manipularse e cómpre avisar ao teléfono 112 ou aos axentes ambientais da Xunta para que sexan os profesionais os que coordinen a súa recollida e traslado
A Xunta sinala as novas tecnoloxías como ferramenta clave para mellorar a capacidade de anticipación ante os desafíos ambientais
Ángeles Vázquez pon como exemplo o Plan galego de cartografía e información xeográfica 2026-2029 porque coñecer mellor o territorio é tamén unha forma de comprender mellor como pode responder ante diferentes situacións
A Xunta completa a formación de 60 novos guías especializados na difusión dos valores do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia
Os participantes remataron a semana pasada a parte presencial do curso, organizado pola dirección do parque en colaboración co Centro Nacional de Educación Ambiental
A Xunta autoriza a Inditex Renovables a construción dun parque eólico de preto de 20 WB no Porto Exterior da Coruña, no concello de Arteixo
O proxecto está destinado ao autoconsumo colectivo e permitirá subministrar enerxía renovable ao complexo de Inditex no concello coruñés e a outras empresas da dársena
A Xunta reitera que o atraso do Goberno central no envío dos datos sobre o estado do lobo a Bruxelas dificulta a avaliación da situación desta especie
Marisol Díaz lembra que transcorreron máis de tres meses desde que a Conferencia Sectorial de Medio Ambiente aprobou o informe sexenal que debería remitirse á Comisión Europea en xullo de 2025
A Xunta informa aos concellos costeiros dos pasos a seguir para explotar servizos de tempada no seu litoral no ano 2027
Teresa Bernal explica que as solicitudes no dominio público marítimo terrestre se tramitarán de forma directa, por segundo ano desde que o Goberno galego asumiu a xestión plena da costa
A Xunta autoriza a concesión para converter un muíño de Vimianzo en museo, o primeiro cambio de uso amparado polo Catálogo de bens de valor cultural no litoral
Ángeles Vázquez salienta que a autorización para ocupar 201,55 metros cadrados en dominio público marítimo-terrestre é o primeiro paso para poñer en valor este elemento patrimonial