Actualidade
Buscador de novas
A Xunta dá luz verde ambiental con condicións á ampliación do parque empresarial do Campiño, no concello de Pontevedra
O informe ambiental estratéxico da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé impactos significativos na zona de intervención, pero inclúe condicionantes en aspectos como a protección do patrimonio cultural existente na contorna, a integración paisaxística, a mobilidade e a xestión da auga ou dos ruídos
A Xunta e a Asociación de Tecores galegos avalían vías para reforzar a súa colaboración na posta en valor dos beneficios da actividade cinexética
Ángeles Vázquez destaca o labor que realiza a entidade entre os afeccionados así como o esforzo por dar a coñecer á cidadanía os valores ambientais asociados á caza e a súa contribución á conservación do patrimonio natural
Ángeles Vázquez anima os propietarios dos chiringuitos a solicitar as axudas da Xunta para a súa integración paisaxística na contorna
Os donos destes establecementos teñen ata o 3 de marzo para solicitar estes apoios que buscan promover prácticas sostibles nestes establecementos favorecendo a transición cara a unhas instalacións máis eficientes e accesibles
A Xunta impulsa a 5ª edición do mercado de segunda man O Tinglado os días 21 e 22 de febreiro en Pontevedra
O delegado territorial e a directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade ofreceron unha rolda de prensa para explicar os detalles sobre esta iniciativa
Rodeiro adquire unha nova varredora para labores de protección do medio ambiente e do espazo natural grazas a unha axuda da Xunta de 50.000 euros
A nova máquina permitirá mellorar a calidade do aire e diminuír o risco de inundacións e desbordamentos
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en máis dun quilómetro no río Ventoxo, no concello pontevedrés de Forcarei
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de tres semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos
A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz estudan o proxecto para mellorar a rede de abastecemento de auga nos núcleos rurais de Ermide e Eiravedra
Ángeles Vázquez lembra que Augas de Galicia convocará este ano varias liñas de axudas para apoiar ás entidades locais na xestión dos servizos relacionados coa xestión da auga
A Xunta aportará o 60% do investimento asignado aos concellos no plan de actuación integrado Futuro verde do alto Támega, máis de 1,7 M€
As intervencións programadas nesta iniciativa céntranse principalmente en cuestións relacionadas co ciclo da auga, para a mellora das infraestruturas de saneamento, depuración e abastecemento da contorna
Belén do Campo visita en Toques e Melide tres actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio tradicional financiadas pola Xunta en espazos de Rede Natura
A delegada da Xunta lembrou que esta orde da Xunta de Galicia permitiu compatibilizar a protección dos espazos naturais da Rede Natura coa conservación do patrimonio rural, apoiando actuacións que melloran a paisaxe, reforzan a identidade do territorio e contribúen ao desenvolvemento sostible do rural galego
A Xunta realiza labores de conservación fluvial en preto de 5 quilómetros nos regos de Santiago e do Forcón, no Concello de Barreiros
As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse durante máis de cinco semanas e inclúen a retirada de árbores caídas das canles fluviais para evitar atoamentos