Actualidade
Buscador de novas
A Xunta forma persoal municipal no deseño e xestión de espazos verdes urbanos para avanzar cara á resiliencia
Unha vintena de técnicos municipais ampliaron os seus coñecementos sobre paisaxismo sostible e sobre as especies arbóreas máis axeitadas para contornas urbanas
A Xunta renova con Travega a colaboración que permite que vehículos fóra de uso teñan unha segunda vida na formación práctica en centros de FP
Os Centros Autorizados para o Tratamento entregarán e recollerán os materiais que se utilicen na formación práctica dos estudantes galegos que cursan ensinanzas da familia Transporte e mantemento de vehículos
A Xunta mantén a situación de prealerta por escaseza moderada de auga nos ríos Grande, en Camariñas, e Lérez, en Pontevedra
Tamén se conservan medidas equivalentes no subsistema de Baiona, desde o cal se abastece a poboación deste municipio pontevedrés
Galicia e Asturias impulsan os traballos para actualizar o plan de xestión da Reserva de Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón
O obxectivo é que o novo instrumento, que orientará as accións de conservación e desenvolvemento sostible deste territorio na próxima década, estea listo en 2026
Rueda anuncia que a Xunta aproba o proxecto da Lei do clima co fin de acadar unha Galicia neutra en emisións en 2040, dez anos antes do marcado pola UE
Asegura que esta norma consolida a aposta que “Galicia fai desde hai tempo pola loita contra o cambio climático”
A Xunta amplía de 2,5 M€ a 4,35 M€ o orzamento para axudar aos concellos a reducir as perdas de auga mediante pequenas obras nas redes municipais
Grazas a estas achegas, cun importe máximo de 45.000 €, Augas de Galicia poderá cubrir o 100% dos custos deste tipo de actuacións para mellorar o abastecemento
A Xunta autoriza o acondicionamento dunha nave como industria de queixos procesados en Castro de Rei
A resolución da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático non prevé que a actuación teña impactos significativos sobre a contorna se se cumpren os condicionantes fixados no propio informe ambiental e na documentación avaliada
Ángeles Vázquez pon en valor a axilidade de Augas de Galicia para acometer actuacións de conservación fluvial e evitar arrastres de cinzas aos ríos
Ángeles Vázquez explica que as tarefas consisten na instalación de medidas anticontaminación como cordóns vexetais e barreiras de madeira
A Xunta repartirá 34.000 quilos de palla e cereais para alimentar a fauna silvestre afectada polos incendios
Ángeles Vázquez explica que o obxectivo é garantir unha fonte alimenticia de cara ao outono para as poboacións de herbívoros e aves
A Xunta anima a participar nun concurso de ideas para deseñar un prototipo de ‘chiringuito’ biosostible e integrado na paisaxe das praias de Galicia
Ángeles Vázquez explica que un xurado seleccionará os mellores proxectos arquitectónicos para definir un estándar de baixo impacto ambiental e boa eficiencia enerxética para este tipo de instalacións