Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 2.801 novas da C. de Medio Ambiente e Cambio Climático:

08/07/2025 | 14:59 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta ofrece un pacto de país para despregar todo o potencial do litoral de Galicia a través dun marco lexislativo que é referente para o resto de España

Ángeles Vázquez aposta por continuar co espírito co que naceu a Lei de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia e contar coa participación e a unión de todos os axentes implicados para acadar unha costa máis sostible e próspera

07/07/2025 | 16:02 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

Belén do Campo visitou hoxe as actuacións levadas a cabo no Parque Natural Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal e Vixán

A delegada da Xunta destacou a importancia da actuación levada a cabo para recuperar a área protexida e mellorar o hábitat característico das dunas costeiras fixas con vexetación herbácea, consideradas prioritarias a nivel comunitario

07/07/2025 | 14:10 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta reforza con 360.000 € o orzamento inicial das axudas para auditar as redes de saneamento municipais co obxectivo de atender todas as solicitudes

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se amplía o crédito da orde de subvencións convocada por Augas de Galicia a finais do mes de febreiro

06/07/2025 | 09:32 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta adxudica por preto de 200.000 euros os traballos de identificación e delimitación das zonas húmidas da demarcación Galicia-Costa

O contrato, cun prazo de execución de 15 meses e cofinanciado con fondos NextGenerationUE, céntrase no estudo destas áreas, que reteñen de xeito natural a auga e teñen efectos positivos sobre os eventos de inundación e seca ao tempo que son fundamentais para o bo estado das masas de auga asociadas

05/07/2025 | 11:18 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; C. do Medio Rural

A Xunta urxe ao Goberno central a que conclúa o estudo de presións e impactos da contaminación por nitratos para actuar con rigor na declaración de zonas vulnerables

O Executivo galego lembra que coa información dispoñible na actualidade non é posible establecer de xeito fiable esas áreas e que é fundamental determinar se a presenza de nitratos se debe a causas naturais ou a actividades como a agricultura

05/07/2025 | 09:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta colabora nunha experiencia interactiva para explorar o fondo mariño do Parque Nacional das Illas Atlánticas grazas á realidade virtual

A actividade ‘O mar en 360º’, de carácter gratuíto e que require de inscrición previa o mesmo día da visita no propio arquipélago, comezou esta semana na illa de Ons

04/07/2025 | 17:25 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avanza nos contactos cos concellos da ría de Pontevedra co fin de crear unha mancomunidade de abastecemento de auga que optimice a xestión na zona

Responsables de Augas de Galicia e dos concellos de Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo, Bueu, Vilaboa e Ponte Caldelas analizan como mellorar o aproveitamento dos recursos hidráulicos para afrontar con garantías posibles situacións de seca

04/07/2025 | 13:38 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta anima aos concellos a adherirse ao convenio de xestión dos residuos eléctricos e electrónicos e beneficiarse do incremento das compensacións

Ángeles Vázquez explica que as entidades locais pasarán dos 96 €/t que recibían ata o de agora aos 130 €/t que recolle o novo acordo marco asinado cos Scraps

04/07/2025 | 12:07 | Axencia de Turismo de Galicia; C. de Medio Ambiente e Cambio Climático; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca en Sanxenxo o liderado galego en calidade turística e na xestión do litoral

Galicia está no podio das Comunidades Autónomas con máis distintivos con 137 galardóns, ademais de 54 sendeiros azuis recoñecidos en marzo

03/07/2025 | 16:12 | C. de Medio Ambiente e Cambio Climático

A Xunta avalía co Concello de Bueu e coa veciñanza de Ons posibles melloras coas que optimizar os servizos prestados á cidadanía da illa

O Executivo galego lembra que vai dotar ao arquipélago dun novo sistema de grupos electróxenos para mellorar a subministración eléctrica ao tempo que traballa nun proxecto para instalar placas fotovoltaicas co que facer que o servizo sexa máis eficiente e respectuoso co medio ambiente