Actualidade
Buscador de novas
A Xunta reitera o seu compromiso na loita contra os incendios no marco da Semana forestal de Pontevedra
O director xeral de Defensa do Monte da Consellería do Medio Rural participou na inauguración deste evento, que se desenvolve na Escola de Enxeñaría Forestal do Campus da Xunqueira, e destacou o papel das universidades e dos investigadores fronte o lume
Medio Rural promociona os produtos agroalimentarios galegos de calidade diferenciada na Feira do Lázaro de Verín
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe na inauguración deste evento, que conta con actividades organizadas pola Consellería para dar a coñecer este tipo de distintivos entre a poboación
Marín remata a segunda fase da obra na estrada da Pastoriza grazas a unha achega da Xunta de preto de 50.000 euros
O Plan Camiña Rural destina preto de 4 millóns de euros aos concellos da provincia de Pontevedra
María José Gómez salienta a aposta da Xunta pola titorización do alumnado de formación agraria para favorecer a súa incorporación ao campo
Puxo en valor o compromiso do Goberno galego coa formación para fomentar a innovación no agro, unha maior competitividade das explotacións e apoiar a remuda xeracional
Medio Rural colabora co Concello de Sober nas actividades do Mes de Amandi para promover os produtos de calidade diferenciada
O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria participou hoxe nunha xornada celebrada na Escola de Hostalería da Fundación Belarmino Fernández, que incluíu unha acción formativa e unha sesión práctica
Medio Rural apela á responsabilidade da industria láctea e censura as reducións pronunciadas nos prezos ofrecidos aos produtores
A conselleira María José Gómez reuniuse hoxe con representantes das principais industrias con presenza en Galicia para avaliar a situación deste eido produtivo, tendo en conta o actual escenario de renovación dos contratos de compra-venda de leite e o aumento dos custos de produción polo conflito en Oriente Medio
Medio Rural fomenta o coñecemento do sector forestal na mocidade coa celebración do Día da Árbore
A conselleira asistiu hoxe a esta actividade, que tivo lugar no Viveiro público de Sambreixo en Guitiriz e na que participou o alumnado de 1º da ESO do IES Poeta Díaz Castro
Medio Rural destina 1 M€ ás axudas ao control de rendemento leiteiro para impulsar a mellora da xenética e da calidade do leite nas explotacións
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución correspondente ao 2026 destas achegas, que benefician as Africores da Coruña, Lugo e Pontevedra, asociacións oficialmente recoñecidas para a realización destes labores