Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.619 novas da C. do Medio Rural:

25/02/2026 | 17:36 | C. do Medio Rural

A Xunta ampliará un mes máis as medidas preventivas diante da dermatose nodular contaxiosa para seguir protexendo a cabana bovina galega

A Consellería do Medio Rural publicará este venres en DOG unha nova resolución pola que se prorrogarán as actuacións desde o 2 ata o 31 de marzo, podendo ampliarse este prazo en función da evolución epidemiolóxica da doenza

25/02/2026 | 15:34 | C. do Medio Rural

A Xunta estuda novas iniciativas cos concellos de Chantada e Carballedo para favorecer o desenvolvemento rural

A conselleira María José Gómez mantivo no día de hoxe xuntanzas de traballo cos rexedores de ambos municipios, cos que abordou asuntos vinculados aos camiños rurais, á prevención de incendios forestais e á mobilidade de terras

25/02/2026 | 15:27 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia da innovación tecnolóxica na prevención e extinción de incendios forestais na Feira internacional de seguridade

O director xeral de Defensa do Monte asistiu hoxe a este evento, onde salientou que Galicia conta con maquinaria de última xeración para atallar os lumes, con ferramentas como o batracio, as máquinas hidrostáticas polivalentes ou os robots de roza; así como con empresas punteiras neste eido

24/02/2026 | 18:37 | C. do Medio Rural

A consellería do Medio Rural e a Federación Galega de Municipios e Provincias reforzan a súa colaboración para a promoción do selo artesanía alimentaria

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, reuniuse hoxe co presidente da Fegamp para avanzar no apoio da administración local a este distintivo

24/02/2026 | 18:33 | C. do Medio Rural

Medio Rural amosa ao sector forestal as súas ferramentas tecnolóxicas de última xeración para a loita contra o lume

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, reuniuse hoxe con responsables da empresa Finsa para explicarlles o funcionamento da solución XeoCode Lite e o sistema de videovixilancia forestal

24/02/2026 | 17:39 | C. do Medio Rural

Medio Rural salienta o apoio aos afectados polos incendios de 2025 con máis de 7,5 M€ xa mobilizados

A conselleira María José Gómez visitou hoxe a comunidade de montes de Barroso, en Avión, unha das cinco beneficiarias nesta localidade cun orzamento global de preto de 117.000 euros

24/02/2026 | 13:35 | C. do Medio Rural

Medio rural desenvolve un plan piloto de formación en escolas de hostalería con cociñeiros de renome para promover os produtos de calidade diferenciada

A titular deste departamento asistiu hoxe á demostración levada a cabo no CIFP Carlos Oroza, en Pontevedra, unha das catro organizadas ao abeiro desta iniciativa