Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.611 novas da C. do Medio Rural:

16/02/2026 | 16:02 | C. do Medio Rural

Medio Rural aproba as modificacións do prego de condicións da IXP Vaca Gallega-Buey Gallego

Estes cambios refírense maioritariamente a cuestións técnicas relacionadas coa súa calidade e comercialización

16/02/2026 | 14:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural beneficia a preto de 300 entidades que levarán a cabo actuacións de prevención fronte a incendios forestais nos montes

Estas axudas, dotadas cun orzamento de 5,4M€, buscan mitigar as consecuencias e impactos negativos que os lumes poidan ter sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes

15/02/2026 | 12:49 | C. do Medio Rural

Medio Rural promociona os produtos amparados polo selo de Artesanía Alimentaria na Festa do Caldo de Ósos

A conselleira María José Gómez asistiu hoxe á XXXIV edición deste evento que se celebra no concello de Taboada, que conta cunha exposición de gando de razas autóctonas e un mercado de produtos artesanais

14/02/2026 | 11:41 | C. do Medio Rural

O alumnado do centro Pedro Murias da Xunta recibe formación teórica e práctica sobre incendios forestais

Profesionais de tres distritos do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPIF) de Medio Rural impartiron docencia neste CFEA sobre investigación dos lumes e amosaron prácticas relacionadas coa prevención e a extinción

13/02/2026 | 20:00 | C. do Mar; C. do Medio Rural

Villaverde aborda no Consello Consultivo de Política Pesqueira para Asuntos Comunitarios temas de interese para o sector do mar de Galicia

Galicia traslada a súa preocupación sobre a proposta do Ministerio para a Transición Ecolóxica de declarar a anguía especie en perigo de extinción e alerta do impacto socioeconómico que tería para o sector pesqueiro

13/02/2026 | 19:31 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta traslada ao Goberno central as súas esixencias consensuadas co sector diante do acordo UE-Mercosur

A conselleira do Medio Rural explicou que o documento subscrito onte coas organizacións profesionais agrarias UU.AA. e Asaga, que vén de ser enviado de xeito oficial ao Ministerio de Agricultura, ten como principal obxectivo “protexer os nosos agricultores e gandeiros” diante da posible entrada en vigor do devandito tratado

13/02/2026 | 16:47 | C. do Medio Rural

A Xunta investiu máis de 1.606 millóns de euros no medio rural galego ao abeiro do PDR 2014-2022

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias compareceu hoxe a petición propia na Comisión 7ª, onde fixo un balance destes fondos europeos no seu departamento, cunha porcentaxe de execución practicamente do 100 %

13/02/2026 | 14:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca as agrupacións forestais de xestión conxunta como ferramenta para impulsar a produtividade forestal e evitar o abandono no monte

A conselleira María José Gómez visitou hoxe a agrupación de San Pedro do Incio, onde salientou a nova convocatoria de achegas específicas para estas asociacións, que contan cun orzamento de 2,1 millóns de euros para as anualidades 2026-2027

13/02/2026 | 13:57 | C. do Medio Rural; C. de Sanidade

A Xunta apoia o reforzo das gasolineiras no rural, con axudas para incorporar sistemas de retirada de efectivo ou desfibriladores

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que ata o 9 de marzo poderán solicitarse as achegas, que na pasada convocatoria distribuíron 70.000 euros entre oito estacións da provincia

12/02/2026 | 18:32 | C. do Medio Rural

Alumnado do máster interuniversitario en incendios forestais coñece o dispositivo galego de loita contra o lume

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Francisco, recibiu hoxe aos estudantes do Máster Fuego no Centro de Coordinación Central (CCC), situado en Santiago de Compostela, para explicarlles o seu funcionamento