Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.339 novas da C. do Medio Rural:

04/11/2025 | 11:40 | C. do Medio Rural

Medio Rural incrementa un 50 % o investimento para 2026 en prevención contra incendios forestais e intensifica os apoios a particulares e concellos

Lembrou que o convenio de xestión de biomasa nas faixas secundarias coa Fegamp e Seaga duplicará o seu orzamento ata os 25 millóns de euros e tamén recordou o reforzo en medios e bases aéreas

03/11/2025 | 16:41 | C. do Mar; C. do Medio Rural

A Xunta afianza a súa aposta pola apertura dos seus produtos alimentarios a novos mercados internacionais no Gastronomic Forum

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu hoxe na inauguración do evento, no que o Goberno autonómico participa cun espazo de Galicia Calidade

03/11/2025 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta achega 48.000 euros para mellorar a conexión viaria entre Tarríos e Novelúa, no concello de Monterroso

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dos traballos  realizados, que se executaron con cargo ao Plan de Infraestruturas Rurais deste ano

02/11/2025 | 14:07 | C. do Medio Rural

Medio Rural destaca o liderado de Galicia na produción de castaña a nivel nacional

A titular deste departamento e o conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración asistiron hoxe á XXX Feira da Castaña e do Cogomelo de Riós

02/11/2025 | 11:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural organiza catro xornadas formativas sobre o cultivo de grelo en Galicia

Haberá un total de catro edicións do curso Grelo galego, un cultivo con futuro. Tradición, innovación e territorio, que serán impartidas por persoal experto en veterinaria e enxeñería agrónoma

01/11/2025 | 11:09 | C. do Medio Rural

Medio Rural abre desde este luns e ata o 21 de novembro o prazo para arrendar parcelas co Banco de Terras

Neste período, calquera persoa que precise terras para desenvolver ou ampliar unha explotación agraria e/ou forestal ou para realizar un proxecto con outros fins pode dirixirse ao Banco, que mantén unha listaxe actualizada das parcelas dispoñibles

31/10/2025 | 15:31 | C. de Economía e Industria; C. do Medio Rural

Medio Rural destinará 8 M€ no 2026 a reforzar a sanidade forestal, máis do dobre que este ano

A titular da Consellería explicou que o obxectivo deste esforzo orzamentario en tratamentos fitosanitarios é garantir o bo estado de saúde das especies e a resiliencia do monte

31/10/2025 | 11:13 | C. do Medio Rural

Medio Rural destina 3,6 M€ a 27 cooperativas para fomentar o uso de maquinaria agrícola en común

Estas achegas teñen como obxectivo promover a utilización e equipamentos agropecuarios en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías

30/10/2025 | 18:25 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra a súa aposta de máis de 9 M€ en 2026 para novas infraestruturas de defensa contra incendios

A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións da nova BUO de Rianxo, concibidas para que o persoal dedicado á loita fronte os incendios forestais poida conciliar a súa actividade profesional co necesario descanso