Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.339 novas da C. do Medio Rural:

15/09/2025 | 21:06 | C. do Medio Rural

Galicia súmase á petición de retirada do regulamento da nova PAC formulada por diferentes autonomías no seo do Consello Consultivo de Política Agrícola

A conselleira lembrou a oposición unánime do Goberno galego e do sector ao documento presentado pola CE, pola redución de fondos que supón para Galicia e a nova arquitectura que define, baseada nun fondo único para os estados membros que non blinda todas as medidas da PAC

15/09/2025 | 18:53 | C. do Medio Rural

A Xunta salienta a calidade dos produtos alimentarios galegos na auténtica Premium Food 2025 de Sevilla

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria asistiu este mediodía á cerimonia inaugural desta feira gastronómica

15/09/2025 | 15:23 | C. de Emprego, Comercio e Emigración; C. do Medio Rural

Belén do Campo pon en valor o obradoiro de conservación e mellora da montes de Vilarmaior, Irixoa, Monfero e Aranga para dar resposta ás necesidades deste sector na comarca

A delegada da Xunta participou na clausura deste taller de formación que contou cun apoio do Goberno galego de máis 423.000 euros e no que participaron 20 alumnas e alumnos

15/09/2025 | 15:04 | C. do Medio Rural

O delegado territorial visita a bodega Os Areeiros para coñecer de primeira man as sensacións dos viticultores nesta campaña de vendima

Reguera destacou a importancia do sector vitinícola que, máis alá do seu importante impacto económico, “é clave para entender a cultura e a identidade galega”

15/09/2025 | 11:24 | C. do Medio Rural

Estabilizado o incendio do concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos

O lume iniciouse ás 16.14 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de 80 hectáreas

14/09/2025 | 20:27 | C. do Medio Rural

Activo un incendio no concello lucense de Barreiros, parroquia de San Xusto de Cabarcos

O lume iniciouse ás 16.14 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas

13/09/2025 | 13:26 | C. do Medio Rural

Medio Rural lembra a súa aposta pola conservación das razas autóctonas co apoio a asociacións de criadores e unha orde de axudas específica para recría

A conselleira María José Gómez asistiu hoxe á Feira de Gando e Mostra de Razas Autóctonas de Augaxosa, que se celebra esta fin de semana na localidade de Riotorto

12/09/2025 | 19:58 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta o serotipo 8 da lingua azul na provincia da Coruña

A detección realizouse por vixilancia pasiva no marco do programa de vixilancia da presenza da lingua azul que desenvolve anualmente a Xunta de Galicia