Actualidade
Buscador de novas
María José Gómez enxalza o papel do Grupo Lence a prol do desenvolvemento do sector lácteo galego
A conselleira do Medio Rural participou hoxe no acto organizado con motivo do 50 aniversario desta empresa lucense, no que avanzou que a próxima semana farase o segundo pago das axudas correspondentes á campaña 2025 da PAC
Medio Rural reforza a colaboración coa Federación Española de Gando Selecto para a mellora xenética
A conselleira María José Gómez, en calidade de presidenta de Xenética Fontao, asinou esta mañá un convenio con esta entidade para a realización de 60.000 análises nos vindeiros dous anos para a determinación de parentesco e xenotipado
Medio Rural reforzará as medidas a prol da remuda xeracional a través da formación, a titorización e os apoios para a incorporación ao agro
María José Gómez sinalou no Parlamento que a remuda é unha prioridade estratéxica do seu departamento para garantir que a mocidade teña oportunidades reais para desenvolverse profesionalmente no rural
A Xunta reclama ao Goberno central unha sectorial específica e máis coordinación nas medidas sobre a Peste Porcina Africana
O Goberno galego pide a participación dos ministerios de Agricultura e de Transición Ecolóxica nesa reunión coas comunidades autónomas, para coordinar a nivel nacional as actuacións en relación coa loita contra esta doenza
Medio Rural destina máis de 600.000 € a apoiar un total de 22 agrupacións forestais de xestión conxunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución destas achegas, correspondente á convocatoria de 2025, enmarcadas no Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU
María José Gómez louva aos produtores de queixos e meles galegos pola calidade das súas elaboracións
A conselleira do Medio Rural participou hoxe na entrega dos premios das Catas de Galicia 2025, coas que se recoñece aos mellores destes produtos cada ano
A Xunta destaca que o grao de execución do Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2022 achégase ao 95 % e supera a media nacional e europea
O secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural, Jorge Atán, participou en Madrid na xornada de exame de rendemento do programa, organizada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación
A Xunta pon en valor o proxecto europeo Aldealix para fomentar a sustentabilidade e a eficiencia enerxética das comunidades rurais
A secretaria xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural, Marta Vázquez, participou na apertura dun simposio sobre o uso de bioenerxía en comunidades enerxéticas rurais