Actualidade

Buscador de novas

Ten dispoñibles para consulta 3.017 novas da C. de Política Social e Igualdade:

20/07/2026 | 12:41 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta financiará con 150.000 € a fase final do novo edificio polivalente de Rodeiro, que acollerá o futuro centro de día e o punto de atención infantil

Fabiola García destaca a importancia deste novo centro, que servirá para favorecer o apoio ás familias e reforzar a conciliación da vida laboral e familiar dos veciños

18/07/2026 | 15:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia o obxectivo do Porco Pride Espasante de visibilizar a diversidade Lgtbi no rural galego

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, asistiu á lectura do manifesto do evento, que combina sensibilización, divulgación e festividade

17/07/2026 | 20:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta fomenta o asesoramento e a atención en materia de igualdade no Atlantic Fest a través do punto lila e arco iris

A directora xeral de Promoción da Igualdade, Eloína Ingerto, visitou esta tarde o espazo, que estará aberto ata o peche do festival

17/07/2026 | 12:33 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta valora a cooperación con Fegerec na atención ás persoas afectadas por enfermidades raras ou crónicas

Begoña Abeijón destacou que a achega do Goberno galego beneficiará a máis de 2.000 usuarios da federación este ano

16/07/2026 | 13:55 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta reforza o apoio a TDAH Salnés para seguir dando visibilidade os trastornos de déficit de atención e hiperactividade

A directora xeral de Persoas con Discapacidade lembrou que o Goberno Galego traballa co tecido asociativo para ofrecer ferramentas e servizos ás persoas con esta condición

16/07/2026 | 12:36 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García denuncia que o Goberno central recórtalle a Galicia o 82% dos fondos para a atención aos menores migrantes non acompañados

Explica que a comunidade galega recibirá 740.000 euros, unha cantidade “que non supón nin o 5%” do que custa a atención no sistema de protección

15/07/2026 | 18:50 | C. de Política Social e Igualdade

Máis de 600 persoas participan nas actividades que ofrece o centro sociocomunitario da Xunta en Vilalba

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, destacou o papel de dinamización social e cultural das instalacións, que inclúen programación propia e en colaboración co tecido asociativo e entidades da zona

15/07/2026 | 12:51 | C. de Política Social e Igualdade

Fabiola García destaca o compromiso da Xunta co SAF a través da sinatura do protocolo fronte á violencia laboral e coa inxección histórica de financiamento

Destaca que o primeiro plan galego contra a violencia laboral neste servizo de xestión municipal, que foi asinado onte polo Goberno galego, prioriza a seguridade e a resposta coordinada

14/07/2026 | 15:18 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta sitúa a conciliación como piar fundamental e imprescindible das políticas de igualdade

Eloína Ingerto destacou que o Goberno galego destina máis de 11.000 euros a financiar esta iniciativa que se desenvolve no rural